01/08/2022

Luis Congil presenta “A marabillosa historia do viño en Galicia” co que propón que Barbadás sexa parte da D.O. Ribeiro

Emprendemento en Barbadás

LUIS CONGIL, CO SEU LIBRO "LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA", nun viñedo da Lama en San Lourenzo de Piñor. foto Rosa Veiga

“Por dereito e por Historia, a ladeira de Barbadás cara a burata na que está a cidade de Ourense, debería ser parte do territorio vitivinícola da denominación de orixe Ribeiro, é unha afirmación de Luis Congil, autor do libro “A marabillosa historia do viño de Galicia

  • No libro que vén de presentar no restaurante A Tafona e no Museo do Viño de Galicia Luis xuntou investigacións propias e alleas, referentes históricos e novos achados arredor do viño e das uvas galegas, a maiores de argumentos que xustifican, dende o seu punto de vista, a súa proposta para que Barbadás sexa parte da denominación de orixe vitivinícola do Ribeiro.

 

  • Luis Congil é veciño de San Lourenzo de Piñor, a aldea da súa nai, na que pasou todo o tempo libre que os estudos lle deixaron cando vivía en Ourense, e na pasa o seu tempo de lecer semanal na actualidade.

 

  • Alí axudou nos traballos da horta para o rianxo nas leiras “do Cano” (entre Requeixo e a igrexa parroquial) e lembra que polas noites “cortábanse as leitugas e deixábanse en auga para que pola mañá, ó levalas á praza de abastos de Ourense, estiveran frescas e estralaran na man”.

 

  • No limiar no seu libro tamén agradece ao seu pai que lle ensinara a “facer viño coas súas propias mans (e pés)” así que o mundo do viño nunca lle foi alleo, e dende que fora vicedirector do diario “Atlántico” de Pontevedra, no 2000, uvas e viñas protagonizan os seus artigos e libros. Tamén foi profesor no mestrado de Enoloxía da Universidade de Vigo.
  • No libro  acompaña os seus textos con numerosas imaxes ao longo de 118 páxinas.
LUIS CONGIL, AUTOR DO LIBRO "LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA", no que Barbadás ten un espazo histórico. Foto da presentación do libro no Museo do Viño de Galicia en Camporredondo, Ribadavia.foto Rosa Veiga
LUIS CONGIL, AUTOR DO LIBRO “LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA”, no que Barbadás ten un espazo histórico. Foto da presentación do libro no Museo do Viño de Galicia en Camporredondo, Ribadavia. foto Rosa Veiga

Monxas de Santa Uxía e barrio do Hospital, en Piñor, no mundo do viño medieval

  • Na súa lectura descubriremos que a primeira mención documentada dun viño de Galicia é do ano 886 nun documento que da fe en Santa Uxía de Reza (a actual Santa Uxía, na ladeira de Piñor cara o río Miño) de que o mosteiro feminino situado nesa zona era propietaria de viñedos.
    Así aparece na enciclopedia “Viñedos y vinos del Noroeste de España” (1967), tese doutoral da universidade de Burdeos do investigador francés Alain Huetz de Lemps recuperada por Luis para o seu estudo.

 

  • Anos despois dese documento de Santa Uxía, os Reis Católicos Isabel e Fernando deron pulo á construción do Hospital Real de Santiago entre 1501 e 1511 (hoxe Hostal dos Reis Católicos) e crearon un padroado para abastecer e manter ese lugar asistencial para os peregrinos xacobeos.

 

  • Entre as doazóns episcopais a ese padroado, estivo a do Couto de San Lourenzo de Piñor, daquela do Bispado de Ourense, hoxe en Barbadás, gran produtor de viño pertencente ao Ribeiro do Miño. O Padroado do Hospital Real de Santiago mantivo unha “factoría” que enviou viño ao hospital de peregrinos durante séculos e deu nome ao barrio do “Hospital” en Piñor até hoxe.

 

  • Ese mesmo barrio foi o lugar de xogos e crianza da escritora de lingua castelá traducida a máis linguas que foi Carmen Martín Gaite, finada agora hai 22 anos, e con un álbum familiar que recolle numerosas imaxes do barrio nos anos 30 do século XX.

 

  • Luis comezou a escribir o seu libro non só para dar a coñecer as referencias históricas de viños galegos de todas as denominacións de orixe actuais, senón tamén para achegar de xeito ameno os achados máis actuais.
    “A aplicación de novos métodos de análise permite axustar cada vez máis a orixe e evolución das variedades de uvas que temos en Galicia, e por exemplo, neste momento, a semente de viña orixinal máis antiga foi atopada en Reza Vella, na marxe dereita do río Miño (Barbadás ten parte na beira esquerda) ao carón de restos dunha antiga calzada”, detalla.
LUIS CONGIL, CO SEU LIBRO "LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA", diante dunha das adegas antigas do barrio do Hospital en San Lourenzo de Piñor. foto Rosa Veiga
LUIS CONGIL, CO SEU LIBRO “LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA”, diante dunha das adegas antigas do barrio do Hospital en San Lourenzo de Piñor. foto Rosa Veiga

Galicia ten o 50% da biodiversidade do viño de España

  • Das 155 variedades de uvas rexistradas en España (primeiro país no mundo en superficie destinada a viñedo), o 50 % están en Galicia aínda que a superficie de viñedo galego só é o 1 % da total de España. “Somos a salvagarda da viñodiversidade do planeta Terra”, afirma Luis.

 

 

  • Saberemos que o pintor Pablo Picasso é autor dun cadro dos viños do Ribeiro, aprenderemos algo máis do asociacionismo agrario arredor dos viñedos, a  importancia dos achados nas salinas romanas descubertas no Areal, en pleno centro de Vigo, as cantigas en galego do rei Alfonso X que encomian os viños de “Ourense”, o episodio vitorioso do viño Ribeiro ca Armada Invencible… e referencias e historias das cinco DO galegas.

 

  • Das súas investigacións e vivencias, Luis conclúe que os viñedos desaparecidos en todo o municipio de Barbadás, a costa das vivendas, estaban entre os “grandes provedores de viño da cidade de Ourense e representantes dunha cultura agrícola local escalonada na que as mulleres encargábanse do rianxo a partires das hortas, e os homes do viño”, engadindo tamén os viñedos de Mugares e Toén.

 

  • Este sería un argumento a engadir no seu relato do “espazo continuo de viñedo e cultura vitícola que pervive en parte dende a actual comarca vitícola do Ribeiro até Barbadás” e que xustificaría tamén a súa inclusión na do Ribeiro.

LUIS CONGIL, CO SEU LIBRO "LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VINO EN GALICIA", diante dunha das adegas antigas do barrio do Hospital en San Lourenzo de Piñor. foto Rosa Veiga

Documental arredor do libro

  • O libro está dispoñible en todas as  librerías galegas, ademais de contar con distribución na páxina todostuslibros.com en versións galega e castelá.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Turismo

CONTENT.1713430264

SINGLE.1713430264