07/05/2026
MAGO FERNANDO MORENO
Xoves 7 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.

A primeira das actividades que se van realizar no Programa “Os xoves a Biblioteca cóntache” é a do Mago Fernando Moreno que nos vai presentar o espectáculo “Os teus libros teñen maxia”, será o xoves 7 de Maio ás 18:30h. na Biblioteca Municipal.
Sesión de maxia para fomentar a lectura en nenos e nenas a través da maxia dos libros e os contos infantís.
Os cativos coñecerán a importancia dos libros a través dos axudantes do mago Fernando Moreno: un coello que vive no libro da imaxinación, un verme que se agacha entre os libros en librarías e bibliotecas, un pato que coñece todos os contos infantis, etc..
Para participar neste evento é necesario mandar un correo electrónico a:
biblioteca@barbadas.es
Onde figure o nome e apelidos, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia)
Para nen@s de 4 a 8 anos.
Prazas limitadas.
Día: Xoves 7 de Maio
Hora: Ás 18:30h.
Lugar: Biblioteca.
As incricións a partir do luns 4 de Maio.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadas.
Patrocina: Ler Conta Moito (Xunta de Galicia)