15/07/2024
Máis Saaaaabor, espectáculo cómico
18 de xullo, ás 21:00no Parque dos Patos

Avanza o programa Cultural de Verán do Concello de Barbadás, e é o momento de CULTURACTIVA que preséntanos o espectáculo “MÁIS SAAAAAABOR”, será coma sempre, no Parque dos Patos en A Valenzá, o xoves 18 de Xullo, ás 21h.
Sinopse:
Unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable.
Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.
Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!
Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego.
O food truck de Máis Saaabor! chega a vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.
Día: Xoves 18 de Xullo.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Hora: 21h.
Duración: 65 min.
Público: Público Familiar.
Tipo espectáculo: Familiar.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
