30/11/2020

“Marabú” é marca de carne e rallyes

Emprendemento en Barbadás

imaxe marabu
  • Se dicimos Juan Carlos Villanueva Fernández, todos miran cara esquerda e dereita… na procura do aludido…Se dicimos Marabú, a cousa cambia. Marabú é fillo, neto e bisneto de Barbadás e do seu bisavó materno herdou o alcume que xa leva tamén o seu fillo.

 

  • É fillo de rianxeira e de carniceiro . A nai vendía rosquillas nun pequeno local do barrio da Carballeira, xa na cidade de Ourense. Nese mesmo local, Marabú ten a carnicería. Pero a súa vida leva varios capítulos e hai que contala partillada.

 

  • “Eu crieime no mundo do gando co meu avó e o meu pai e con 18 anos xa traballaba na carnicería familiar”, relata. Despois foi a súa irmá a que comezou a facer ese traballo xa no local da Carballeira, mentres Marabú se ocupaba de estendelo negocio: tiñan granxa de porcos pero el comezou a traballar coa tenreira galega en 1984 e co matadoiro de Celanova, despois co de Ourense.

 

  • En en 2018 asociouse con outros dous carniceiros para reiniciar a actividade do matadoiro do Carballiño.

 

  • A outra parte da súa vida, os rallyes.

 

  • A miña afección ós rallyes comezou con Ventura (Antonio Freire, piloto de Barbadás), cando eu era un neno”. Os admirados por Marabú eran os pilotos “Ventura” e “Vila”. El mesmo estrouse como copiloto no primeiro rally de Terra de Ourense de 1988 con Óscar Fernández, e xa non deixou de participar nestas probas.

 

  • E aínda máis… organizou 6 “eslalon Barbadás” que cada ano en febreiro foi o punto de arrinque do automobilismo provincial de velocidade. Cando xurdiu o “RallyMix” como  modalidade que mestura terra e asfalto en 2014, o de Barbadás foi dos primeiros galegos xunto co da Gudiña e Cerdeda. Estivo organizado pola Escudería Barbadás, presidida por Marabú.

 

  • O Rallymix galego de 2020 estaba previsto en Barbadás a comezos de novembro e foi adiado pola situación da pandemia, como o resto das probas…así que pode selo momento para lembrar anteriores carreiras: “En 2019 viñeron 74 pilotos e máis de 5000 afeccionados e afeccionadas, con hospedaxe en Ourense, porque non temos prazas hoteleiras en Barbadás, pero a hostalería local sempre se enche durante os dous días das probas”.

 

  • E na espera de seguir esa actividade automobilística, central na súa vida, Marabú considera Barbadás un lugar “moi tranquilo para vivir, porque é sobre todo rural”, e nel ten a súa familia e os coches que atesoura da súa vida como piloto.

 

 

Data Adxuntos
30/11/2020 imaxe marabu JPEG [408 KB]

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica, ,

CONTENT.1730616036

SINGLE.1730616036