16/03/2021

Maribel Outeiriño: “La revista Nós llevó el gallego a la ciencia”

Exposición en Barbadás

Maribel Outeiriño -Exposición en Barbadás
  • O apelido Outeiriño é ese que, en Ourense, segue a nomes como Maribel e La Región, e acompaña a historia da cidade polo menos desde 1910, ano da fundación do xornal.

 

  • Na vida de Maribel é o momento, segundo nos conta, de facer so o que lle apetece, e xa lle tiña gañas a organizar esta exposición que percorre vilas e cidades da provincia, para lembrar que a revista Nós cumpriu 100 anos en outubro de 2020, e para relatar o que os seus autores tiveron con Ourense, con La Región, con Galicia e co resto do mundo.
Exposición Nos en Barbadás
Exposición Nos en Barbadás. Foto: Rosa Veiga
  • “La exposición se me ocurrió, sobre todo, por la relación tan intensa que tuvieron Risco, Otero y Cuevillas con el periódico La Región y con la ciudad a través de sus colaboraciones, igual que en la revista Nós en la que Ourense tiene una presencia fundamental”.

 

  • Nesa relación, Maribel tivo seu propio espazo pois foi “muy amiga” da filla máis pequena de Risco, cando eran mozas e durante os estudos comúns de xornalismo en Madrid.

 

  • “Pasábamos mucho tiempo juntas en su casa de la rúa Santo Domingo, y Risco tenía debilidad por Cruz, esta hija tardía que era fantasiosa y divertida como él, así que nos escribía obrillas de teatro que nosotras convertíamos en función en su casa, con su familia como público”, relata.

 

  • Nunca entrevistou a Risco, pero si a Otero Pedrayo, cando non había costume de facer entrevistas longas nos xornais. Creo que fue la primera   que se hizo en Galicia con formato largo, y es muy citada cuando se habla de don Ramón”, detalla.

 

  • Esta é a súa primeira exposición como comisaria e tras estrearse na rúa do Paseo de Ourense, xa estivo instalada nas rúas de Ribadavia, Allariz, Xinzo de Limia e Barbadás (onde remata o martes 16 de marzo), e seguirá polo Carballiño, O Barco de Valdeorras, campus universitario e onde sexa demandada.

 

  • No eido xornalístico e literario, é autora  dunha biografía de Lauro Olmo, 2 guías da Vía da Prata (nas súas variantes de Puebla de Sanabria-Santiago de Compostela e Sevilla-Santiago de C.), tamén escribiu un libro sobre a publicidade das empresas de Ourense. Entre os seus proxectos está un libro sobre Oseira e as súas propias memorias.

 

Nós en Ourense, en Galicia, para o mundo

  • Entre outras cousas,  nos 9 cubos da exposición deseñados por Xurxo Baca, Maribel quixo lembrar que a revista Nós foi ideada polo ourensán Antón Losada Diéguez, ou desenvolta por Vicente Risco, sobre todo, e impresa en La Región, no caso dos primeiros 15 números e dise deles que son os mellores dende tódolos puntos de vista.

 

  • A impresión, tal como narran os paneis da exposición, marchou despois cara A Coruña porque Risco “se fue desentendiendo de la publicación, mientras que el grupo coruñés no estaba por la labor de hacerse cargo de todo lo que había que hacer, y el dinero se acabó, con unha deuda con el Banco de Vigo”.

 

  • Nas visitas guiadas que a comisaria fixo con escolares de Barbadás, explicoulles que os autores da revista eran persoas que estudaban moito e que estaban sempre interesados en todo o que pasaba no mundo. “Con sus escritos, llevaron la lengua gallega al mundo de la investigación y la ciencia, porque hasta ese momento, era considerada como lengua poética y dulce, solo utilizada en literatura”.
Visitas guiadas exposición Nos
Visitas guiadas exposición Nós. Foto: Rosa Veiga
  • “Los artículos de geografía, etnografía, arqueología… tienen todavía trascendencia, por ejemplo, el método de trabajo de Florentino López Cuevillas en sus investigaciones arqueológicas, está vigente hoy”.

 

  • Os artigos científicos están acompañados, en cada número, con outros literarios e con debuxos dos propios autores, deseños de portadas e cabeceiras de Castelao, pero tamén con aportacións de ilustradores ourensáns Cándido Fernández Mazas, Xaime Prada e Manuel Méndez (ao que Maribel chegou a coñecer persoalmente) e outros como  Farruco Lamas, Prieto Nespereira, Díaz Baliño, Castro Gil, Maside, Seoane, Xurxo Lorenzo, Pintos Fonseca, Bernardino Vidarte…

 

  • “Hay pocas fotos porque sólo Cuevillas debía tener cámara para su trabajo, los demás dibujaban, incluído Risco”, y también algunos de esos dibujos están en la exposición itinerante.

 

  • “Eran personas muy reconocidas en la ciudad, porque la cultura se valoraba mucho en aquel momento, y eran abiertas, complejas, hambrientas por hacer de todo y saber lo que se hacía en el resto del mundo”, resume Outeiriño.

 

Os aniversarios de Nós

  • O primeiro centenario da revista Nós levou á rúa e a Cidade da Cultura de Galicia sendas exposición sobre a súa historia e significado. Dende aí, seguirán véndose por vilas, cidades e institucións de toda Galicia. Tamén estreouse en outubro de 2020 a dixitalización de tódolos números da revista.

 

  • En 1970, o 50 aniversario con levou a edición dun número especial, o 144, a cargo da Real Academia Galega, no que outros intelectuais falaron da publicación,  Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Sey” fixo un índice de autores e temas de toda a revista, editouse unha versión “facsímile”, editáronse as cartas intercambiadas entre Vicente Risco e Antón Losada Diéguez e un libro de Victoria Carballo Calero sobre as ilustracións da revista.

 

  • “Esas cartas son la mejor fuente para documentarse sobre el funcionamiento de la revista”, recalca Maribel, “y estuvieron acompañadas por la edición de un libro de Victoria Carballo Calero sobre los ilustradores”.

 

  • A exposición itinerante comisariada por Maribel comeza coa  primeira portada da revista, deseñada, como todas, por Castelao. “Es muy minimalista, fiel al momento en el que se hizo, muy limpia visualmente, y la mantuvo en varios números”.

 

  • Na súa investigación arredor das ilustracións en Nós,  Carballo Calero destaca que Castelao “estaba muy al día de lo que se hacía en el mundo del diseño, pero los contenidos etnográficos y galleguistas acabaron acaparando su atención y de ahí salieron esas otras portadas, más cargadas de dibujo y simbología”, relata Outeiriño.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1713522668

SINGLE.1713522668