24/02/2020
Martes de Entroido en Barbadás, unha cita ineludible

1.200 PERSOAS, PROTAGONISTAS DO DESFILE DO ENTROIDO DE BARBADÁS
Comparsas, carrozas, individuais, tríos, parellas e infantís suman un total de 44 participantes, xunto con grupos musicais para amenizar o folión
Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes o aparcamento da superficie comercial
Habilitarase para as persoas con mobilidade reducida unha zona específica de aparcamento enfrente do supermercado Mercadona
- O tradicional desfile do Martes de Entroido en Barbadás congregará a 200 participantes que durante o percorrido encheran a principal rúa da Valenzá de cor, ironía, parodia e temas de actualidade.
- O operativo de seguridade estará integrado por por 12 axentes (policías locais e gardas civís) e 20 voluntarios/as de Protección Civil de Barbadás, ademais do apoio de varias patrullas da Garda Civil.
- A partir as 16,45 ata as 20,00 horas a avenida de Celanova quedará íntegramente pechada ao tráfico con motivo da celebración do Folión de Entroido. Entre as 20,00 horas e as 22,00 horas permanecerá pechada a circulación entre a glorieta da familia e a rúa do Viso.
- O hipermercado de Carrefour poñerá a disposición dos/as visitantes a segunda planta do aparcamento da superficie comercial para facilitar a mobilidade e permanecerá aberto dende as 15,00 horas.
- O punto de inicio do desfile será a rúa das Cuartas, onde os/as participantes deberán estar ás 16,00 horas.
- O inicio do desfile será ás 17,00 horas e comprende o itinerario de ida e volta dende a rúa das Cuartas ata a glorieta de Ourense.
- A organización do desfile estará composta por unha vintena de traballadores/as municipais.
- A explanada situada enfrente do supermercado Mercadona será habilitada para o estacionamento de vehículos nos que viaxen persoas con mobilidade reducida.
- Esta ubicación, a balconada enfrente do supermercado, será o espazo destinado a que as persoas con mobilidade reducida poidan visualizar o desfile de xeito máis cómodo.
- Unha das principais novidades do Desfile de Barbadás será a presencia identificada dos/as membros do xurado que puntuará a comparsas, carrozas, individuais, tríos/parellas e infantís.
- O xurado valorará varios aspectos: animación, elaboración, orixinalidade e retranca.
- Os representantes de asociacións culturais do municipio que formarán o xurado serán os seguintes:
- -Beatriz Crespo: presidente da asociación cultural “Voces e cordas”, de Sobrado do Bispo
- Pablo Martínez, da asociación “Nova Fronteira”
- José Cuiñas: tesoureiro da asociación coral “Auria canta”.
- Manuel Seara: presidente da asociación cultural coral polifónica “San Mauro”, de Barbadás pobo.
- Iria Calviño, tesoureira da asociación “Música e Cultura de Galicia”.
- Listado de carrozas: Vilarnaz vai ao Rocío, Os Lolailos: a quinta estación, Curuxeiras, Fantasí Hindú, Habelas hainas e outra que non entra en concurso da Escola de Música de Barbadás.
- Listado de comparsas: Gotham city, Os Coquitos, Piratas do Caribe, Parque acuático do Cájome, Ludoteca amarelinha, As de sempre: viaxe a Rusia, O gran showman, Colorinchos, Voda do ano, As peperetas de Pres, Ourenpark, Circo, Tapada rugby, Damas invisibles, Japosura, Trasnos do norte, Con mimo, A última tribu do Amazonas, As Princesas e Borriquitas.
- Listado de individuais: Falconeti, O paracaidista, A nena da primeira comunión, Marsshmellow DJ.
- Listado de parellas/tríos: As Papoulas, Operación Conichas, Danza de cores, Carrusel, Atraccións Atracts aberta, Fantasía global e Papula.
- Grupos de música: Real farm (gaitas), Trasnos do norte(tambores), Trópico de grelos, charanga BCB.
- Os/as participantes proceden de municipios coma Cartelle, San Cibrao, Ourense, Coles ou Pereiro.
- A continuación detallamos as principais novidades da edición do Entroido de Barbadás 2020:
- As anpas dos colexios elaboraron 2 mecos: o meco o colexio Filomena Dato e a meca o colexio Ruxidoiro.
- Incorporouse o alumnado do centro ocupacional “As Burgas”, centro de discapacitados intelectuais, que participaron no desfile infantil do venres xunto co alumnado do colexio Filomena Dato.
- Recupersouse a Cea de Comadres, que había anos que non se celebraba.
- Os membros do xurado pertencen ás asociacións culturais do municipio. Por primeira vez na historia do Entroido de Barbadás os componentes do xurado estarán identificados polo público e polos/as participantes
- A escenificación do Xoves de Compadres e de Comadres fíxose por primeira vez na Praza da Valenzá vella, un lugar ideal para o xogo de compadres e comadres polas características estéticas do casco vello. Nos Xoves de Compadres e Comadres participaron un total de 160 nenos e nenas nunha actividade dinamizada por Sabela Gago.
- Outra novidade é a celebración dunha festa infantil e concurso de disfraces infantil o Luns de Entroido, tendo en conta o volumen de poboación infantil que existe en Barbadás.
- Tamén foi novidoso o cambio de itinerario dos escolares do colexio O Ruxidoiro, que en lugar de ir dende o centro educativo ata a capela das Lamas, desfilaron pola avenida de Celanova ata o cruce coa rúa Porto do Río. Este cambio propiciou que o desfile dos nenos e nenas fora máis vistoso e que a veciñanza e os pais e nais puideran ver con máis comodidade o desfile.
- Na edición do desfile do Entroido de 2020 tamén se introduciron cambios nas categorías de participantes, creándose categorías especiais: ao deseño, á animación e á máis numerosa. Tamén se fixo unha redistribución dos premios, recibindo as mellores comparsas e carrozas 900 euros, as segundas clasificadas 700 euros e as terceiras 500.
- Outra das novidades refírese ao Desfile fúnebre/queima do Meco e da Meca. A comitiva de despedida de Don Carnal estará amenizada por música fúnebre e haberá plañideiras moi choronas. Sairá da glorieta do principio da Valenzá ás 20,30 horas e irán pola avenida de Celanova ata a praza da Valenzá vella, onde serán queimados meco e meca con moita tristura.
- De cara á edición de 2021 a concelleira de Cultura, Marga Pérez, anunciou que se creará unha nova categoría para elixir á Raiña ou Rei do Entroido de Barbadás.