16/08/2022
Mary Cruz Bangueses atopou no Pazo de Piñor escritos en galego do século XVI e entronques familiares en toda Galicia
Sociedade en Barbadás
Mary Cruz Bangueses estudou polo miúdo a documentación que atopou no Pazo de Piñor, moi organizada e gardada “pues era la forma de demostrar y justificar propiedades durante su historia de más de 500 años, con entronques familiares en toda Galicia”. Relata que aínda hoxe fálase do “pazo de Lemos” porque esa familia foi propietaria y deixou pegada (propiedades) visible tamén na veciña cidade de Ourense.
- Alí, hai escudos dos Lemos (característico polos 13 roeles en varias fachadas e inmobles situados en solares que foron propiedade dos Lemos como o sustentado por estruturas metálicas na rúa Hernán Cortés (na fotografía detrás de Mary Cruz), na praza de San Marcial (tamén detrás da autora, no marco circular da imaxe de cabeceira) e na rúa Santo Domingo.
- A documentación que atopou está reflectida no seu libro “O Pazo de Piñor” , con fotografías de Mani Moretón, tamén veciño de Piñor, editado pola Deputación de Ourense en 2012 .
- E por comezar polo principio, segundo a súa investigación “es un error atribuír la fundación del Pazo de Piñor a don García Díaz de Cadórniga y a su esposa” pois os escritos do pazo apuntan a moito antes, ao ano 1502 (século XVI) como momento no que Pedro García de Pazos era alí un “señor medianeiro” ou fidalgo sen título e intermediario entre os labregos que cultivaban as terras e os propietarios directos que cobraban as rendas.
- A antiga casa de labranza de Pedro García tivo sucesivas intervencións “que la convirtieron en una Casa Grande debido a la favorable situación de sus sucesivos propietarios, hasta darle un aspecto señorial y que combinaba su funcionalidad agrícola con la de descanso estival”, engade.
“En el actual Requeixo, había una serie de casas de campesinos que trabajaban las tierras para pagar rentas a los propietarios a través del medianero”, detalla Mary Cruz. Ese xerme do pazo eran as “casas de las Quintas” (aínda un dos topónimos actuais daquela zona) que, ao longo do tempo, dende comezos do século XVI, foron trocando en pazo, continuamente reformado.
Chegada dos Lemos e primeiros escudos no XVI
- Unha neta de Pedro García de Pazos fixo unha doazón a un primo seu que tiña o título eclesiástico de “arcediago de Limia” (un vicario actual) na catedral de Ourense, con residencia na rúa San Pedro da cidade. Os seus descendentes fundaron o “morgado” do Pazo de Piñor (sistema patrimonial que privilexia a herdanza en favor do fillo primoxénito ou vinculeiro e deu orixe as liñaxes nobres de Galiza daquela época).
- O escudo dos López de Lemos aparece nas súas propiedades de Ourense e Piñor e nas de tódolos lugares nos que foron entroncando con outras familias de Ribadavia, O Saviñao… mediante vodas entre eles. Así aumentaron as súas propiedades, e aparecían os seus 13 roeles cos símbolos doutras familias como Villamarín, Sarmiento, Cadórniga, Puga, Feijóo, Rivadeneira, Troncoso, Valladares, Mos…
- Do século XVI aínda queda, segundo Mary Cruz, un arco renacentista conopial na fiestra da balconada, e o escudo dos López de Lemos máis tosco, visible na fachada máis antiga do pazo. Do século XVII son outros escudos e as enormes chemineas de altura xustificada para que cumprisen a súa función.
- Dende as viñas, oliveiras, patacas e millo que centraban a actividade labrega nos primeiros séculos, para o pago de rendas, as terras foron adicándose ao viño e rianxo para autoconsumo, pagos de rendas e rianxo na praza de abastos de Ourense dende que foi construída a comezos do XX.
Lingua galega do século XVI
- O conxunto documental que estudou é variado e conta con textos de foros, de compra-vendas, testamentos, cartas persoais, anotación e mesmo copias de sentenzas ditadas por propietarios do pazo que foron xuíces en varias localidades.
“Hasta el primer tercio del siglo XVI hay documentación escrita en lengua gallega” segundo apunta a investigadora como elemento que lle pareceu importante en todo o que atopou.
- Durante parte do século XIX e XX, a propiedade do pazo transmitiuse por liña feminina, de tíos a sobriñas, como ocorreu con Antonia Méndez García, de Moimenta (Lugo) casada con José María Arias Lemos (propietario do pazo) e herdeira universal cando el finou. Antonia testou en favor de varios sobriños e o pazo de Piñor deixoullo a súa sobriña-neta Eulogia Sánchez Vázquez.
- Eulogia casou co xuíz de Barbadás Vicente Lobit, no cambio de século do XIX ao XX . El foi quen encargou ao escultor Antón Faílde , o primeiro mausoleo da casa de Lemos.
Alí segue, no adro da parroquia de San Lourenzo de Piñor, xunto con dous sartegos semellantes a hórreos cos restos dos Lemos, familias e propietarios do pazo até hoxe.
- A seguinte herdeira do pazo foi a sobriña de Lobit, Eulogia Milagrosa Pulido Vázquez nacida en 1921 e falecida en xaneiro de 2021. Tralo seu pasamento, o pazo pasou a ser de tres sobriños seus.
Piñor engaiolou a Mary Cruz
- A autora do libro centrado no Pazo de Piñor e a documentación custodiada nel, naceu en Venezuela e volveu cos seus pais a Castrelo de Miño, onde ten residencia, como en Vigo.
- Estudou Xeografía e Historia e especializouse en Arte, así que cando comezou a investigar no Pazo de Piñor con sorpresa continua. “Me embelesó a pesar de que no tenía nada que ver con lo que yo había elegido en la universidad”.
- Para publicar o libro tamén accedeu á documentación de numerosos arquivos como o Catedralicio ou o Provincial de Ourense, entre outros.
En todos descubriu tanto datos de xenealoxías entroncadas de diferentes familias que o que atopou foi materia para outras publicacións como unha arredor da xenealoxía da casa Villamarín, outra sobre os médicos Guadalupe, ou a que fixo arredor do sartego de Díaz Cadórniga no cemiterio histórico de San Francisco (Ourense).
- Asegura que non ten agora tempo pero tamén ten pendentes estudos arredor da familia Feijóo e outra en San Cibrao das Viñas.
Máis referencias do Pazo de Piñor
- Como elemento de gran valor patrimonial.
- E de interese turístico en Barbadás.
- A presenza da escritora Carmen Martín Gaite na contorna, e a súa relación cos lugares de Piñor e coa familia do Pazo tamén deixou documentación fotográfica que se pode ver na Universidade de Castilla y León ou mesmo no arquivo dixital “europeana” .
- E para as persoas forofas das xenealoxías, Mary Cruz mantén viva esa afección nalgún foro.