24/01/2024

Mascaradas ancestrais – Museo da Gaita

Con motivo da celebración do Entroido, no Museo da Gaita organízanse varias actividades. Unha delas serán as MASCARADAS ANCESTRAIS o sábado corredoiro.

O sábado 3 de febreiro  a partir das 17:00 h, percorrerán as rúas de Barbadás as Señoritas e Labardeiros de Mugares (Toén) acompañadas do Folión Os Trebóns.

Rematarán no Museo da Gaita e unha vez alí farase unha pequena explicación dos traxes tradicionais do entroido de Mugares.

Seguirá a festa  no Museo coa actuación de varios grupos de música tradicional:

-As Lambisqueiras de Barbadás

-Os Lubicans

Animádevos a desfrutar con nós do entroido tradicional.

 

Eventos, Turismo

CONTENT.1742762230

SINGLE.1742762230