05/02/2023

Mascaradas Ancestrais

O domingo 12 de febreiro a partir das 17:00 h, percorrerán as rúas de Barbadás

Con motivo da celebración do Entroido, no Museo da Gaita organizanse varias actividades. Unha delas será o domingo corredoiro coa Mascarada Ancestral.

  • Este ano está adicada As Bonitas de Sande.

 

  • O domingo 12 de febreiro  a partir das 17:00 h, percorrerán as rúas de Barbadás as Bonitas de Sande acompañadas do Folión Os Trebóns, rematando no Museo da Gaita. Unha vez alí farase unha pequena representación coas figuras típicas deste entroido, o Oso e a Vaca.

 

  • Para animar a festa actuarán dous grupos de música tradicional Velaí Vai e Feitizo de Pau.

 

  • Ao rematar tódolos participantes poderán unirse a unha Master-Class de baile tradicional.

 

  • Animamos a todas as persoas  que asistan e veñan disfrazadas como persoas antigas, para recrear o mellor posible o entroido de Sande.

Eventos, Turismo

CONTENT.1730550744

SINGLE.1730550744