18/11/2021
Masterclass de emprego

O Concello de Barbadás organiza a masterclass “Plan de Acción para a Búsqueda de Emprego” que está dirixida a toda a cidadanía que teña interese en definir unha estratexia para a súa búsqueda de emprego.
A masterclass será o día 2 de decembro nunha sesión de dúas horas de duración e en dúas quendas, unha de mañá (de 11:00 a 13:00 h) e outra de tarde (de 18:00 a 20:00 h).
O lugar de celebración desta masterclass será nas Instalacións Municipais do Parque da Solaina, o aforo permitido para cada unha das quendas será de 15 persoas como máximo.
A sesión será gratuíta e poderán inscribirse cubrindo a ficha de solicitude , na que se marcará a quenda a que se quere asistir, e enviando o formulario cuberto ao CET de Barbadás a través do correo electrónico a cet@barbadas.es
Data | Adxuntos |
---|---|
18/11/2021 | SOLICITUDE DE MASTER CLASES DE EMPREGO PDF [275 KB] |
18/11/2021 | Masterclass Emprego Barbadás CARTEL PNG [676 KB] |