26/02/2021
Medidas covid vixentes dende o día 26 de febreiro

NOTA INFORMATIVA
RESUME DE MEDIDAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA DE GALICIA.
Informaselle das medidas, de obrigado cumprimento, vixentes no concello de barbadás dende ás 00:00 do día 26 de febreiro (madrugada do día 25 ao día 26 de febreiro):
- Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento destas obrigas neles.
- Establecementos de hostalaría e restauración:
- Horario de peche ao público ás 18h. Permitirase servizos de entrega a domicilio (ata as 0:00h) ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio (ata as 21:30h).
- Aforo (incluído os/as traballadores/as):
- Limitado ao 50% da capacidade en terrazas e ao 30% da súa capacidade no interior do local . Sen servizo de barra.
- Deberán declarar e manter accesible ao público e á autoridade sanitaria a súa capacidade máxima, interior e exterior. Dispoñerá, en soporte físico, da documentación acreditativa das superficies utilizadas para os cálculos.
- Capacidade interior = superficie interior dividido entre 1.5. (sendo a superficie interior, en m2, a calculada excluíndo do cómputo de m2 dispoñibles para os usuarios os metros correspondentes aos aseos, á barra e zona interior da barra). Non poderá ser superior á capacidade máxima establecida no correspondente título habilitante de carácter municipal. Nese caso, prevalecerá a capacidade consignada na licenza municipal.
- Capacidade exterior= superficie de terraza establecida no correspondente título habilitante de carácter municipal.
- Dispor nun lugar visible do acceso, preferentemente na porta de entrada, do cartel informativo da capacidade (descarga dende https://coronavirus.sergas.gal/), mantendoa actualizado cada vez que se produza un cambio.
- Grupo máximo 4 persoas (non conviventes) por mesa ou agrupacións de mesas, mantendo a distancia de seguridade entre mesas. Evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade.
- Establecementos e locais comerciais: peche máximo ás 21:30 horas. Aforo limitado ao 50%.
- Situados en centros comerciais: aforo 30%. Non se permitirá a permanencia nas zonas comúns excepto para o tránsito.
- Deberá establecerse medidas para manter a distancia de seguridade.
- Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos (que se sinalará de forma visible).
Ademáis das xa establecidas:
- Limitación de mobilidade nocturna entre ás 22:00 horas e as 6:00 horas.
- O uso obrigatorio de mascarilla en todo momento a partir dos 6 anos. Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído. Só poderá prescindirse da mascarilla no momento da consumición en cafeterías, bares e restaurantes.
- o consumo de tabaco ou de cigarrillos electrónicos na víapública ou en espazos ao aire libre, incluida a terraza, só se poderá exceptuar a obriga de uso de mascarilla, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concurrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dousmetros con outras persoas.
- Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento destas obrigas neles.
Ditas medidas adóptasen ante a crise sanitaria para frear a propagación do virus, polo ben de todos e todas.
SANCIONARASE A QUEN NON RESPECTE AS NORMAS.