24/07/2020

Medidas de seguridade ante casos confirmados de coronavirus e para previr un brote

BANDO

DEBIDO Á EXISTENCIA DE CASOS CONFIRMADOS, PARA EVITAR UN POSIBLE BROTE:

  • RECORDÁSELLE a cidadanía as medidas establecidas na Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, PERSOAS CON SINTOMATOLOXÍA.

 

  • Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles con COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario coa maior brevidade.

 

  • Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar unha habitación de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

 

  • MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA CASOS E CONTACTOS ESTREITOS.
    – As persoas que sexan consideradas caso confirmado, sospeitoso, que se atopen pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, DEBERÁN SEGUIR AS CONDICIÓNS DE ILLAMENTO OU CORENTENA que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

 

  • TELÉFONOS DE CONTACTO:
    TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 900 400 116.
    CENTRO DE SAÚDE DA VALENZÁ: 988 24 53 98.

Barbadás, a 24 de xullo de 2020.

 

Bando coronavirus

Novas

CONTENT.1714004477

SINGLE.1714004477