09/01/2021

Medidas restritivas en Hostalaría e Establecementos comerciais

BANDO DA ALCALDÍA DE BARBADÁS SOBRE MEDIDAS RESTRITIVAS EN HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

INFORMASELLE AOS ESTABLECEMENTOS DAS MEDIDAS, DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, VIXENTES NO CONCELLO DE BARBADÁS DENDE ÁS 00:00 DO DÍA 9 XANEIRO (MADRUGADA DO DÍA 8 AO DÍA 9 DE XANEIRO):

  • RESTRINXIDA A MOBILIDADE NA ÁREA UNIFICADA OURENSE-BARBADÁS. SÓ SE PERMITIRÁ A ENTRADA OU SAÍDA DA ÁREA POR RAZÓNS LABORAIS, EDUCATIVAS, SANITARIAS OU ASISTENCIAIS.
  • ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN:

O HORARIO DE PECHE AO PÚBLICO ÁS 18H. PERMITIRASE SERVIZOS DE ENTREGA A DOMICILIO OU PARA A SÚA RECOLLIDA NO LOCAL E CONSUMO A DOMICILIO. EVITARANSE AGLOMERACIÓNS E CONTROLARASE QUE CONSUMIDORES E EMPREGADOS MANTEÑAN A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

o AFORO LIMITADO AO 50% EN TERRAZAS.

o AFORO LIMITADO AO 30% NO INTERIOR DO LOCAL.

o GRUPO MÁXIMO 4 PERSOAS POR MESA OU AGRUPACIÓNS DE MESAS, MANTENDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE MESAS. EN TODO CASO, DEBERÁ ASEGURARSE QUE SE MANTÉN A DISTANCIA DE SEGURIDADE INTERPERSOAL ENTRE AS MESAS OU AGRUPACIÓNS DE MESAS.

 

  • ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS: CON CARÁCTER XERAL AFORO LIMITADO AO 50%. (En calquera caso, deberase respectar un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e de cen persoas ao aire libre).

 

  • ADEMÁIS DAS XA ESTABLECIDAS:

O USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA EN TODO MOMENTO A PARTIR DOS 6 ANOS. DEBERÁ DARSE UN USO AXEITADO Á MÁSCARA, É DICIR, ESTA DEBERÁ CUBRIR DESDE PARTE DO TABIQUE NASAL ATA  O QUEIXO, INCLUÍDO. SÓ PODERÁ PRESCINDIRSE DA MASCARILLA NO MOMENTO DA CONSUMICIÓN EN CAFETERÍAS, BARES E RESTAURANTES.

O CONSUMO DE TABACO OU DE CIGARRILLOS ELECTRÓNICOS NA VÍAPÚBLICA OU EN ESPAZOS AO AIRE LIBRE, INCLUIDA A TERRAZA, SÓ SE PODERÁ EXCEPTUAR A OBRIGA DE USO DE MASCARILLA, E EXCLUSIVAMENTE DURANTE O INDICADO CONSUMO, SEMPRE QUE, TENDO EN CONTA A POSIBLE CONCURRENCIA DE PERSOAS E AS DIMENSIÓNS DO LUGAR, POIDA GARANTIRSE O MANTEMENTO, EN TODO MOMENTO, DA DISTANCIA DE DOUSMETROS CON OUTRAS PERSOAS.

OS TITULARES DOS ESTABLECEMENTOS, ESPAZOS OU LOCAIS DEBERÁN GARANTIR O CUMPRIMENTO DESTAS OBRIGAS NELES.

 

DITAS MEDIDAS ADÓPTASEN ANTE A CRISE SANITARIA PARA FREAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, POLO BEN DE TODOS E TODAS.

SANCIONARASE A QUEN NON RESPECTE AS NORMAS.

 

EN BARBADÁS, A 8 DE XANEIRO DE 2021.

O ALCALDE EN FUNCIÓNS.

 

 

Novas

CONTENT.1627539144

SINGLE.1627539144