03/08/2022
Medidas urxentes de aforro enerxético
O Boletín Oficial do Estado publica o día 2 de agosto o Real Decreto-lei 14/2022, de 1 de agosto, de medidas de sosteñibilidade económica no ámbito do transporte, en materia de becas e ayudas aoestudio, así como de medidas de aforro, eficiencia enerxética e de reducción da dependencia enerxética do gas natural.
Entre as medidas destacan que:
Os inmobles das administracións públicas, así como establecementos comerciais, como grandes almacéns ou centros comerciais; os espazos culturais, como cinemas ou centros de congresos; e as infraestruturas destinadas ao transporte de persoas, como estacións e aeroportos, deberán:
- Ter as temperaturas de calefacción e refrixeración limitadas a 19 e 27 graos centígrados respectivamente. Para iso, contarán con sete días desde a publicación da norma para facer efectiva a limitación, que estará en vigor ata o 1 de outubro de 2023.
- Exhibir en carteis ou pantallas as medidas obrigatorias de aforro, entre outras adicionais que reduzan o consumo. (Co mesmo período de vixencia que o anterior)
- Antes do 30 de setembro, dispoñer de peches automáticos nas portas de acceso para impedir que queden abertas permanentemente.
- A iluminación dos escaparates terá que estar apagada desde as 22.00 horas. Esta disposición tamén se aplicará aos edificios públicos que estean desocupados nese momento. Tamén terán sete días para cumprir e terano que facer ata o 1 de outubro de 2023.
- Respecto a “caldeiras e instalacións térmicas”, aqueles inmobles que pasasen a inspección de eficiencia enerxética antes do 1 de xaneiro de 2021 deberán someterse a unha revisión extraordinaria antes do 31 de decembro de 2022.
Estas medidas entraron en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
Data | Adxuntos |
---|---|
03/08/2022 | Medidas de ahorro energético PDF [686 KB] |