16/03/2020
Medidas urxentes de Emprego Galicia para minimizar o impacto do COVID-19
Ao abeiro do Plan territorial de emerxencias da Xunta de Galicia e do estado de alarma decretado a nivel estatal, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), acordou as seguintes medidas:
- As oficinas de emprego permancerán pechadas ao público.
- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
- Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego, poderás facelo chamando a túa oficina de emprego ou ao 012.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
- Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
- Ademais, cómpre ter en conta que, no que se refire ás Oficinas de Prestacións dependentes do SEPE:
- NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
- NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
En calquera caso, dende Emprego Galicia irase actualizando toda esta información á medida que se desenvolva o dito plan autonómico.