13/03/2021

Mellora da rede de saneamento en Bentraces: financiado conxuntamente pola Confederación e Concello

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA E CONCELLO DE BARBADÁS FINANCIAN  OBRAS PARA A MELLOR DA REDE DE SANEAMENTO EN BENTRACES

O Concello de Barbadás aporta o 30 % e a Confederación o 70%, en tanto que o orzamento de licitación foi de 156.720,19 €

  • O proxecto de obras de saneamento no núcleo de Bentraces foi licitado por un importe de 156.720,19 € e adxudicado por unha contía de 120.426,94 euros.

  • A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil aporta o 70 por cento do orzamento, en tanto que o Concello de Barbadás aporta o 30%.

  • O obxecto do proxecto consiste no deseño dun sistema de colectores que recollan as verteduras do núcleo de Bentraces par incorporaos á rede municipal.

  • A nova rede de tipo ramificada en dirección SO- NE segue o leito do denominado “regato do Barreiro”.

  • Esta nova rede partirá das vivendas situadas ao sur do núcleo, ao final da “Rúa de Abaixo”, ata o cruzamento de “ Camiño do Moredo” coa estrada OU-160. O trazado exposto segue o leito do río fose do Dominio Público Hidráulico dando servizo ás vivendas que actualmente carecen de saneamento, así como permitindo a recollida das verteduras de dous colectores que verten directamente ao río.

  • Para acometer este proxecto foi necesaria a cesión previa dos propietarios colindantes co leito do río, un trámite realizado polo goberno municipal de Barbadás.

  • O colector principal será de PVC con diámetro 315 mm, cunha lonxitude de 578,597 metros.

  • Este colector principal contará con 19 pozos de profundidade variable, necesaria para o cumprimento dos cálculos hidráulicos.

  • O último tramo será de reposición dun colector existente de fibrocemento de diámetro 300 mm.

  • A maiores defínense outros catro eixos da nova rede, que permitirán conectar ao colector xeral paralelo ao río o actual sistema de rede de sumidoiros do núclero rural de Bentraces, así como vivendas que actualmente non teñen servizo de saneamento.

  • Características dos Eixos: Eixo 2: dará servizo a 2 vivendas. Eixo 3: dará servizo a 2 vivendas. Eixo 4: consiste nun tramo de conexión coa actual rede de rede de sumidoiros de parte do núcleo de Bentraces. Eixo 5: é un tramo de reposición que conecta o saneamento actual coa rede municipal de saneamento augas abaixo do núcleo de Bentraces.

  • Estas procedendo demolición da superficie pavimentada necesaria para a execución da nova rede de saneamento. Por outra banda, en zonas non pavimentadas e de uso agrícola, será necesario realizar unha roza da vexetación existente.

  • No Anexo de bens afectados estúdanse as afeccións á propiedade necesarias para a execución da nova rede de saneamento exposta neste proxecto. Recolleranse as referencias catastrais daquelas parcelas que necesitan ser ocupadas pola nova rede de saneamento. Por outra banda, é importante sinalar que a afección de bens non é exclusivamente de bens privados, se non que en determinados puntos deberase ocupar parte do Dominio Público Hidráulico, o que se xustifica atendendo ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.

  • A rede que se proxecta, consiste nun colector paralelo ao leito do río, co obxecto de recoller as augas fecais nas cotas máis baixas e conducilas coa menor pendente cara ao sistema de depuración.

  • O ámbito rural do proxecto lévanos a expor unha rede de saneamento separativa na que se recollerá exclusivamente o caudal de fecais das vivendas que actualmente carecen do servizo, así como garantir a continuidade total da rede existente.

  • A poboación actual: 307 habitantes. Dato do Instituto Nacional de Estatística (INE) de 2018.

  • A tendencia lineal do gráfico de poboación defínese como case horizontal, polo que se interpreta un crecemento nulo da poboación ou dun habitante por ano. Considerando a vida útil da infraestrutura proxectada de 25 anos, ao dato anterior podemos sumarlle 25 habitantes no ano 2043, obtendo así 332 habitantes.

  • As prazas hostaleiras actuais/futuras: 6 prazas.

  • O tipo de zona de abastecemento: residencial de baixa densidade e hostaleiro (pazo).

  • A partir do exposto anteriormente, dispoñerase unha tubaxe de diámetro 315 que conformarán a nova rede de saneamento de fecais de modo que se eliminan as actuais verteduras ao río.

 

  • A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, destaca a importancia deste proxecto “na liña de que todos os núcleos do concello de Barbadás dispoñan dos servizos básicos”. Sinala tamén a importancia que ten a liña de colaboración establecida coa Confederación Hidrográfica para este tipo de proxectos que melloran as infraestruturas básicas e constitúen un avance no ámbito do medio ambiente.

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, comenta a importancia da colaboración veciñal “na cesión do uso de terreos para poder levar a cabo este proxecto”. Destacou ademais o “gran avance que a nivel medioambiental supón a execución deste proxecto porque se evitan as verteduras ao regato do Barreiro”.

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1686020625

SINGLE.1686020625