25/04/2019
Mellora de viais en O Fonsillón
A MELLORA E CONSERVACIÓN DE VIAIS PÚBLICOS EN O FONSILLÓN AFECTA A 4 RÚAS
Os viais que van ser mellorados serán obxecto da aplicación de unha capa de aglomerado en quente.
- As obras de conservación e mellora nos viais públicos en O Fonsillón afectarán á rúa dos Emigrantes (subida dende a glorieta de Carrefour), rúa da Campiña, Canellón da Aira e ao tramo de acceso a este barrio dende a estrada de Celanova.
- Os traballos, que comezaron esta semana, manteñen os trazados actuais con pequenas modificacións, como acondicionamento de rasantes e regularización de anchuras.
- Levarase a cabo ademais unha rehabilitación das zonas deterioradas.
- Na rúa dos Emigrantes procederase á demolición de pavimentos, loseta de aceras, bases de formigón e capas asfálticas deterioradas, así como a corrección de toda a capa de rodadura.
- Os viais que van ser mellorados serán obxecto da aplicación de unha capa de aglomerado en quente.
- Nos traballos de execución do proxecto inclúese a posta a cota de arquetas e rexistros existentes.
- Tamén se repoñerá o pintado da sinalización viaria.
- A obra tiña un custo de 60.000 euros e foi adxudicada por 45.810 euros á empresa Hordescón.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a importancia deste tipo de actuacións “porque contribúen a mellorar a seguridade viaria neste barrio e constitúen unha avance notable no estado de uns viais que se atopaban deteriorados”
- A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, asegura que esta intervención nas 4 rúas do Fonsillón significa “un paso máis na planificación realizada polo goberno de Barbadás a prol do equilibrio territorial na reforma de viais en este e en outros puntos de todo o municipio”