10/07/2021

Mellora de viais entre San Lourenzo de Piñor-Santa Uxía e en Bentraces

A DOTACIÓN DE DOBRE REGO ASFÁLTICO MELLORA A COMUNICACIÓN ENTRE SAN LOURENZO DE PIÑOR E SANTA UXÍA

O proxecto inclúe a mellora do firme da rúa Sal do Muíño, en Bentraces

As obras teñen un presuposto base de licitación ascende a 44.808 euros

  • O Concello de Barbadás está acometendo nos últimos días obras de melloras en varios viais: na pista que comunica San Lourenzo de Piñor con Santa Uxía e na rúa Sal do Muíño (camiño do cemiterio), en Bentraces.

 

  • As obras de mellora da pista a Santa Uxía incluiron a limpeza de cunetas e caños, a construcción de salvacunetas, o bacheo de zonas puntuais e laterais, a limpeza da superficie do pavimento existente mediante cepillado e a dotación de dobre rego asfáltico de unha superficie de 5.460 metros cadrados.

 

  • O presuposto base de licitación ascende a 44.808 euros e o proxecto é financiado conxuntamente con fondos do Plan Marco e do propio Concello de Barbadás.

 

  • O proxecto redáctouse ao amparo da financiación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) para a concesión directa de axudas correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas Agrícolas (Plan Marco).

 

  • En Bentraces a mellora do camiño Sal do Muíño inclúe a demolición do pavimento asfáltico, a construcción de un muro de sostemento a base de mampostería de pedra granítica, o bacheo en zonas puntuais e laterais e o reforzo do firme existente mediante a execución de dobre rego asfáltico.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, indica que “estas obras pretenden manter a liña que caracterizou a planificación do goberno de Barbadás nos últimos anos promovendo investimentos na mellora da rede viaria existente no medio rural, xeran cohesión social e territorial, facilitando a accesibilidade e a vertebración do territorio”.

 

  • A concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, Victoria Morenza, asegura que a execución da mellora de ambos os dous viais “aumentará a competitividade agraria e forestal ao facilitar o tránsito de maquinria ás explotacións agrarias e unha reducción dos custos, que é o obxectivo das axudas enmarcadas no Plan Marco, financiado polo AGADER”.

 

  • As obras no vial que comunica Santa Uxía con Piñor afectan a unha lonxitude de 1.748,50 metros, en tanto que en Bentraces a lonxitude afectada afecxta a un tramo de 165,80 metros.

 

  • Os traballos de melloras en ambos camiños están sendo executados pola empresa Construccións Viso e Hijos.

 

  • Morenza explica que “ambos camiños atopábanse nun estado de deterioro evindente polo que era necesaria unha intervención urxente para mellorar a mobilidade e a accesibilidade, no caso de Santa Uxía por ser unha pista moi utilizada para acceder a parcelas agrícolas e forestais e para comunicar ambos núcleos. No caso de Bentraces trátase de un camiño que precisaba unha intervención para mellorar o firme e a anchura do mesmo, así como asegurar un muro de contención da rúa porque corría perigo de derrube”.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1713534612

SINGLE.1713534612