16/09/2021

Mellora do pavimento en 4 rúas para facilitar a mobilidade e a seguridade viaria

BARBADÁS MELLORA O PAVIMENTO EN 4 RÚAS PARA FACILITAR A MOBILIDADE E MELLORA A SEGURIDADE VIARIA

O proxecto inclúe a mellora de Pavimento nas Rúas Campo de Roma, Rúa Quintas, Rúa Roble e Rúa Dilueiras

  • O proxecto de mellora en 4 viais enmárcase no programa de “Obras municipais do Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o ano 2021.

 

  • Trátase de viais emprazados na localidade de San Lourenzo de Piñor que presentan firmes e capas de rodadura executadas hai décadas mediante regos asfálticos.

 

  • Como consecuencia do tráfico rodado de vehículos, é dicir, turismos particulares, industriais e de transporte (furgonetas, maquinaria media, camións de transporte, etc.), así como medios agrícolas (pequenos tractores e similares), atópanse en avanzado estado de deterioro, presentando importantes deficiencias como fochancas, fisuras, acumulación de residuos en marxes.

 

  • As obras no Concello de Barbadás pretenden a mellora do pavimento das distintas rúas municipais para facilitar a mobilidade e a mellora da seguridade viaria.

 

  • Na Rúa Campo Roma procederase a demolición de lousa de formigón, limpeza da superficie, arranxo de fochas e aplicación de triplo rego asfáltico. Superficie a executar: 842,31m2.

 

  • En Rúa Dilueiras: efectuarase a limpeza do pavimento existente, arranxo de fochas con rego asfáltico e posterior tratamento de dobre rego asfáltico. Superficie a executar: 739,26m2.

 

  • Rúa Roble: Procederase a reparación de rexa de pluviais actual, limpeza de pavimento dunha superficie de 1023,85m2 e posterior dobre asfáltico. Reparación de fochas dunha superficie de 108,15m2.

 

  • Rúa Quintas: procederase a escavación de 6,50ml para colocación de tubaria de drenaxe, limpeza de 1.338,45 m2 de pavimento, reparación de fochas nunha superficie de 146,12m2 e pavimentado con triplo rego asfáltico dunha superficie de 1.338,45m2.

 

  • O Orzamento ao que ascenden as obras será de : 48.000€. O proxecto de execución das obras foi adxudicado por  39.669,42 € pola Deputación Provincial á empresa  Camiños de Ourense S.L.

 

  • O prazo de execución previsto é de 2 meses e comezaron a principios de setembro.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a prioridade destas obras de mellora do pavimento “pois supoñen a rexeneración do firme en lugares onde a capa de rodadura se atopaba nun evidente estado de deterioro”.

 

  • A concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, Victoria Morenza, resalta “a importancia de intervir en rúas e camiños que precisan de melloras en aras da mobilidade das persoas e da seguridade do tráfico” e anticipa que se trata de unha intervención enmarcada nun plan de melloras das vías municipais en diferentes puntos do concello de Barbadás.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1726562792

SINGLE.1726562792