04/05/2020

Melloras en 4 viais e rúas municipais e no patio exterior de Protección Civil

AVISO POR CORTE DE RÚA COMO CONSENCUENCIA DO INICIO DAS OBRAS EN UN CAMIÑO EN PIÑOR

A ampliación e mellora de un tramo da rúa Requeixo está enmarcada en un proxecto de mellora de varios viais no municipio

  • O inicio das obras de ampliación e mellora de un tramo na rúa Requeixo, en Piñor, provoca o corte ao tráfico deste vial.
  • A execución destas obras enmárcase nun proxecto de mellora de viais en diferentes puntos do concello de Barbadás.
  • A mellora da pavimentación na rúa Tras Cotromela e a dotación de pavimento ao Sendeiro da Cotromela (actualmente en terra), no pobo de Sobrado do Bispo son outras actuación incluidas no mesmo proxecto de mellora de viais.
  • A mellora na pavimentación no patio exterior de Protección Civil, na rúa Ruxidoiro (As Lamás) é outra das melloras incluidas no mesmo proxecto.
  • A localidade de Barbadás tamén verá mellorada un dos rincóns ubicados na zona antiga da rúa Carreira. En concreto trátase da rúa Boulevar, que na actualidade ten unha pavimentación en mal estado e moi desigual.
  • Todas estas actuacións de mellora enmárcanse na proposta que o Concello de Barbadás realizou para que a Deputación conceda a contía de aproximadamente 50.000 euros que destina aos 91 concellos da provincia no que se denomina Plans Provinciais, unha contía que se distribúe na mesma cantidade para todos os municipios, independentemente da súa poboación.
  • Estes traballos estaba previsto inicialos na segunda quincena de marzo, pero a declaración do estado de alarma paralizou a súa execución.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1713305429

SINGLE.1713305429