07/11/2022

Melloras en viais en Barbadás: reforma do pavimento na rúa Zama, en Piñor

Mellorará a seguridade viaria e peonil na zona.

A MELLORA DA PAVIMENTACIÓN NA RÚA ZAMA, EN SAN LOURENZO DE PIÑOR, MELLORARÁ A SEGURIDADE VIARIA E A MOBILIDADE NESTA ZONA

 

  • O Concello de Barbadás, no seu afán de mellorar a seguridade viaria dos diferentes viarios onde se proxectan realizar as actuacións que vertebran ámbitos das diferentes parroquias do Concello, ve necesario a reposición de firmes dalgúns camiños ou viais existentes. Recentemente procedeuse ao asfaltado da rúa Zama, en San Lourenzo de Piñor.

 

  • A finalidade da intervención é conservar ou mellorar as súas características funcionais de seguridade, comodidade e mobilidade, así como a protección do conxunto do firme: aumento da durabilidade, impermeabilidade, uniformidade, especto, ectc.

 

  • A rúa Zama tiña tramos con defectos na súa plataforma que requeriron a súa demolición ou escarificación e posterior compactación e creación de un novo firme. Nos tramos onde non se atopaba danado o firme, proxectouse a solución de realizar limpeza enérxica superficial, eliminando os baches.

 

  • Ao longo da rúa Zama efectuouse a aplicación de unha execución do firme mediante o sistema de triple rego asfáltico.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou “a importancia de executar pavimentacións no medio rural, fundamentalmente naqueles viais que presentaban un aspecto máis deteriorado. Tamén se pretende mellorar a mobilidade e a seguridade nesta rúa”.

 

  • A concelleira de Infraestruturas, Vías e Obras, Victoria Morenza, explicou que “esta actuación enmárcase nunha serie de proxectos de mellora de viais , reforma de parques e novas dotacións que empezaron a executarse hai unhas semanas e que redundarán na mellora de infraestruturas e da seguridade de peóns e automobilistas”.

 

  • O orzamento da reforma do pavimento na rúa Zama coa dotación de triple rego asfáltico ten un orzamento de 45.638 euros e foi executado pola empresa Viso e Hijos.

Barbadás Quéreo Viveo, Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas

CONTENT.1745714094

SINGLE.1745714094