19/02/2020

Melloras na rede de transporte en autobús

A REDE METROPOLITANA DE TRANSPORTES DE OURENSE FOI INAUGURADA HOXE COA PRESENZA DE DIRECTIVOS DA UTE, RESPONSABLES DA XUNTA E REPRESENTANTES MUNICIPAIS DE BARBADÁS

A UTE concesionaria do servizo anunciou que en vindeiras datas poñeranse en marcha actuacións co sistema de billética con tarxetas sen contacto, que reducen o tempo de entrada nos vehículos, vehículos xeoreferenciados on-line, que permitirá ao usuario coñecer en tempo real o paso pola súa parada.

Os/as usuarios/as poderán tamén efectuar a súa recarga a bordo unha vez que se conecten ao sistema centralizado da Xunta todas as máquinas de billetaxe.

  • A rede metropolitana de transportes de Ourense operada por unha Unión Temporal de Empresas foi inaugurada hoxe en Barbadás realizando un percorrido entre Barbadás e As Lagoas.

  • A UTE está formada polas empresas Transdev, Gavilanes, Rutas 82, Autocares Camilo Heredia e Antonio Salgado Pérez.

  • Esta rede metropolitana de transporte de viaxeiros, denominada RIO, Rede Integrada de Ourense, corresponde ao XG-605, composto por 67 liñas que abarcan toda a comarca en torno á cidade de Ourense, prestándose o servicio con 31 vehículos e máis de 50 traballadores.

  • Ao acto de inauguración oficial asistiron a Xefa territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Alicia López Miguez, o responsable da Delegación de Transportes en Ourense, Hipólito Casas, o conselleiro delegado de Transdev España e Portugal, Pierre Jaffard e o administrador único da empresa Gavilanes, Antonio Gavilanes, ademais do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

  • No acto oficial estiveron tamén membros do goberno: Marga Pérez, Ramón Selas, Abel Cortés, Elisabet Gonzalez Nistal e Victoria Morenza. Acudiu tamén Ramón Padrón, do Grupo Mixto, e Consuelo Vispo e Luis Dorribo, do PP.

  • O acto consistitiu nun percorrido nun dos novos buses dende o Concello de Barbadás ata o fin da liña, nas Lagoas. Este percorrido serviu para coñecer sobre o terreo a idiosincrasia da liña e para abordar melloras ou posibles cambios para mellorar o servizo. A empresa adxudicataria anunciou a próxima instalación de tablóns dixitais con información de interese sobre o servizo de autobús.

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, agradeceu a elección de Barbadás para a prsentación do servizo que presta a nova operadora de transporte. Sinalou que este novo servizo “ten que marcar un antes e un despois en cuestións de mobilidade, tendo en conta que Barbadás ten unha grande relevancia no que afecta ao transporte público ao ser un municipio limítrofe con Ourense”.

  • Valcárcel indicou o claro apoio do Concello de Barbadás para que este servizo funcione “pensando na cidadanía, na sostenibilidade e nas novas tecnoloxías porque son fundamentais para a súa aplicación no día a día”.

  • Barbadás ten unha dinamica poboacional moi activa e en continuo crecemento, motivo polo que este servizo debe ser útil que mellore as liñas, as frecuencias e a calidade dos buses adaptados ás persoas con mobilidade reducida e con unha aplicación das novas tecnoloxías no que a sistemas de pago se refire, indicou o rexedor.

  • O alcalde de Barbadás resaltou que o Concello e a Xunta deben traballar pola implantación total do transporte metropolitano porque para a veciñanza é importante que o Concello manteá a liña das bonificacións do billete. Por este motivo dende hai semanas xa se fixo unha proposta formal dende o Concello á Xunta para asinar un convenio para seguir mantendo as bonificacións para estudantes, pensionistas e para o bono xeral.

  • A Xefa territorial de Ourense da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Alicia López Miguez, sinalou que a Xunta “aposta pola modernización do transporte interurbano implementando novas fórmulas adaptadas ao século XXI como son o transporte compartido, o transporte a demanda e o establecemento de paradas seguras”. Anticipou que os autobuses equiparanse con “novos medios tecnolóxicos, como son as máquinas canceladoras e a xeolocalización con XPS e en próximas datas implementarase a tarxeta metropolitana de Galicia (TMG).

  • Pierre Jaffard, conselleiro delegado de Transdev Portugal e España, indicou que “a Rede Integrada de Ourense é o resultado de un esforzo conxunto e una gran cooperación entre a Xunta, os concellos polos que transcorre o servizo e os seus socios locais”.

  • Jaffar comentou que “o noso obxectivo como empresa é poñer en marca unha rede capaz e acercar de xeito efectivo ás persoas que viven, estudian ou traballan na cidade, asegurando unha alternativa de transporte económica e cómoda”.

  • Respecto ao servizo especificamente metropolitano de A Valenzá- As Lagoas “xa está sendo atendido por 4 novos buses de 12 metros e de tipoloxía urbana, cento por cento accesibles, con piso baixo e unha tecnoloxía Euro6 medioambientalmente respectuosa”.

  • A UTE concesionaria do servizo anunciou que en vindeiras datas poñeranse en marcha actuacións co sistema de billética con tarxetas sen contacto, que reducen o tempo de entrada nos vehículos, vehículos xeoreferenciados on-line, que permitirá ao usuario coñecer en tempo real o paso pola súa parada.

  • Os/as usuarios/as poderán tamén efectuar a súa recarga a bordo unha vez que se conecten ao sistema centralizado da Xunta todas as máquinas de billetaxe.

  • Para calquera cuestión relacionada co servizo, os usuarios dispoñerán de unha céntrica oficina de atención ao público en Ourense, en rúa do Progreso, 123, 2º.

  • En canto ao futuro inmediato a nova operadora de transporte metropolitano anticipou que os servizos técnicos das empresas están analizando os datos estatísticos para estudar as posibles melloras da rede no que se refire ao servizo A Valenzá-As Lagoas e un estudo específico sobre a mobilidade aos polígonos empresariais.

  • Antonio Gavilanes, administrador único da empresa Gavilanes, que forma parte da UTE que presta o servizo, agradeceu a colaboración da Xunta, do Concello de Barbadás e que unha empresa multinacional como Transdev contara con unha pequena empresa do sector para levar a cabo este proxecto.

  • Gavilanes apuntou que “é fundamental mellorar a sostenibilidade e a dinámica de traballo do propio transporte metropolitano dentro da comarca de Ourense”.

  • A tenente alcalde e concelleira de Mobilidade, Victoria Morenza, anticipou que nas vindeiras semanas dende o Concello de Barbadás trasladará formalmente á empresa as necesidades e melloras que está trasladando a veciñanza no que se refire a mellora nas liñas e nas frecuencias.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Transporte

CONTENT.1733811092

SINGLE.1733811092