28/11/2021

Mensaxe do Alcalde de Barbadás á cidadanía con motivo do incremento de casos activos de covid

MENSAXE DO ALCALDE Á CIDADANÍA DE BARBADÁS

 

Estimado/a conveciño/a

 

Novamente vivimos no noso concello, nas nosas familias e entre as nosas amizades, unha situación sumamente preocupante, unha situación crítica en relación á pandemia Covid19. 

 

Nos últimos días ten habido unha auténtica explosión de casos que está afectando sobre todo ó colectivo de nenos e nenas en idade escolar e a adultos/as non vacinados/as. 

 

Semella que a pandemia cabalga a lombos dun cabalo desbocado.  

 

Hai meses as persoas máis agredidas foron as de máis avanzada idade, os nosos avós e avoas. Hoxe a situación mudou radicalmente e a pandemia vive unha nova fase que temos que vencer e superar canto antes.

 

Para acadar esta victoria máis pronto que tarde é imprescindible unha actitude solidaria e cívica. Unha actitude que pasa por pensar nas demais persoas, nas que queremos, nos/as nosos/as conveciños e conveciñas, no conxunto da veciñanza. 

 

Hoxe domingo 28 de novembro de 2021 hai no concello de Barbadás 75 casos activos, afortunadamente a gran maoiría son leves ou asintomáticos pero por iso non menos importantes.

 

Quero facer un chamamento á responsabilidade individual, ó sentido común, á sensibilidade que habita no corazón de cada un e unha de nós.

 

Tamén é un chamamento a que sexamos sensibles á preocupación que teñen as familias dos afectados e afectadas.

 

Só hai un xeito para vencer definitivamente. Non hai máis que unha opción, esa opción chámase vacina

 

Aínda hai colectivos que rexeitan vacinarse, a pesares de que os datos son sumamente elocuentes e falan por si mesmos. 

 

Solicito que as persoas que aínda están sin vacinar acudan ós centros de vacinación habilitados polo SERGAS xa que estamos a falar da saúde de todos e de todas. 

 

Tamén é fundamental que cando se inicie o proceso de vacinación dos nenos e nenas menores de 12 anos haxa unha participación masiva que será esencial para que esta situación non se repita novamente. 

 

O éxito só se acada cunha vacinación masiva.

 

E non é menos importante cumprir coas normas e recomendacións hixiénico sanitarias e seguir utilizando a máscara e o xel hidroalcoholico

 

Chegou a hora de decir que temos que erradicar o medo á vacina xa que hai tempo quedou demostrado que os efectos secundarios son mínimos.

 

En momentos tan complicados resulta esencial o traballo do persoal sanitario do Centro de Saúde de Barbadás e por esa razón, como Alcalde de Barbadás, quero trasladarlles  o agradecemento polo seu gran esforzo, disposición e colaboración para poder solventar esta situación.

 

A comunidade educativa vive  desde hai meses situacións complexas e que son moi complicadas de xestionar. Temos que valorar a súa gran implicación e facerlles chegar todo o noso apoio, gratitude e solidariedade.

 

Grazas a todos e a todas.

 

Un cordial saúdo.

Xosé Carlos Valcárcel

Bandos e avisos, Novas, Sanidade

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

07/05/2024

Lista provisional de admitidos/as e excluidos/as para o curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista provisional de admitidos e excluídos para curso 2024-2025 Escola Infantil

21/03/2023

El 20 de marzo abre el plazo para solicitar nuevas plazas en la ESCUELA INFANTIL de BARBADÁS

O prazo estará habilitado ata o 5 de abril.

CONTENT.1743137968

SINGLE.1743137968