20/06/2020

Mensaxe do Alcalde de Barbadás para a entrada na “nova normalidade”

MENSAXE DO ALCALDE DE BARBADÁS PARA A ENTRADA NA “NOVA NORMALIDADE”

 

Vai a facer unha semana que en Barbadás e en toda Galicia entramos nunha nova etapa da desescalada. Entramos na “nova normalidade”.

E chegamos a esta fase grazas ó comportamento exemplar e cívico de toda a veciñanza. 

Vimos de varios meses complicados e difíciles, que puxeron a proba a nosa capacidade de superación, pero que demostrou que sabemos afrontar os problemas con decisión e que somos un concello solidario e comprometido.

Por esa solidariedade e por ese compromiso quero trasladarlle a veciñanza o agradecemento de toda a Corporación Municipal. E por suposto a nosa gratitude a Protección Civil, Policía Local, sanitarios e todas aquelas persoas que coidaron de nós de forma voluntaria ou desde os seus postos de traballo.

Como dicía antes, agora estamos na  “nova normalidade”. 

É o momento de que sexamos responsables individualmente, de ser esixemtes con nós mesmos como veciños e veciñas con gran sentido do civismo. 

 Esta nova fase significa unha paulatina apertura dos lugares públicos, pero sempre dende unha actitude responsable.

Todos e todas nós debemos adoptar unha postura de respecto ás  normas establecidas pola Xunta de Galicia dende  que entramos nesta nova etapa. Esta actitude responsable debe estar en consonancia coas directrices sanitarias e de seguridade marcadas polo Goberno de Galicia e polo Concello.

A apertura de parques e zonas deportivas físoxe con unha serie de condicións precisamente para garantir a seguridade e favorecer a prevención. 

É fundamental respectar as normas establecidas: os parques infantís, zonas deportivas, pista de skate ou espazos de uso público ao aire libre  poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada de 1 persoa por cada 4 metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

En Barbadás, tanto nas pistas deportivas abertas coma nos parques infantís reaperturados colocáronse uns carteis informativos marcando os aforos máximos e as normas de seguridade.

Os/as usuarios/as de estas zonas deberán adoptar as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal (1,5 metros) ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física (uso de mascarilla).

Dende o Concello de Barbadás estase realizando un importante esforzo para habilitar estas zonas e mantelas desinfectadas, pero é igualmente crucial que as persoas que as utilizan respecten as instruccións sobre seguridade e saúde. 

Agradecer o gran esforzo que se realiza desde Protección Civil nestes traballos de desinfección. Un traballo que só ten un obxectivo, garantir a nosa saúde e evitar posibles rebrotes.

Grazas e saúde para toda a veciñanza de Barbadás.

 

POLO SEU BEN

POLO DE TODOS E TODAS

O Alcalde

Novas

CONTENT.1600504113

SINGLE.1600504113