03/03/2026

Merca en Barbadás e desfruta en familia – Concerto de Brais das Hortas

Con motivo da celebración do Día do Pai 2026, a Concellería de Comercio do Concello de Barbadás organiza un concerto  para festexar esta data e como medida de apoio o comercio local.

O evento terá lugar o sábado 28 de marzo ás 17:30 horas no Museo da Gaita de Fole de Barbadás, nunha xornada pensada para gozar en familia.

As familias que desexen asistir deberán presentar tíckets de compra por un importe mínimo de 30 €, de compras realizadas entre os días 5 a 19 de marzo (ambos incluidos) en establecementos comerciais e hostaleiros de Barbadás.

  • Poderá presentarse un único tícket ou a suma de varios.

  • Todos os tíckets deberán ser de compras nas datas indicadas.

Esta iniciativa busca dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade da veciñanza, convertendo as compras nestas datas nunha oportunidade para desfrutar dunha tarde musical en familia.

Desde o Concello animamos a toda a cidadanía a participar e a celebrar o Día do Pai apoiando o comercio de proximidade.

Comercio, Eventos, Promoción económica

CONTENT.1773480163

SINGLE.1773480163