28/02/2020

Mes de marzo en Barbadás: programación para conmemorar o Día Internacional da Muller

CHARLAS, TEATRO E UN OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL CONFORMAN A PROGRAMACIÓN DE BARBADÁ DURANTE O MES DE MARZO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Charlas en torno á imaxe das mulleres nas redes sociais ou a endometriose e teatro:  “As lavandeiras”, “O país dos mandóns”, un espectáculo de Nabiza girl e a proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezo” son algunhas das actividades enmarcadas no “Mes da Muller” en Barbadás

 ·       A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, ParticipaciónVeciñal e Sanidade, dende a Área de Igualdade, e con motivo do 8M – Día Internacional da Muller, organiza ao longo de todo o mes de marzo diferentes actividades de promoción da igualdade eprevención da violencia, dirixidas a toda a poboación do Concello.

·       Durante todo o mes de marzo haberá diferentes actividades dirixidas ao público adulto, ás crianzas e ás súas familias, ás mulleres e a toda a poboación en xeral.

·       A programación do 8M pretende reflexionar sobre os espazos, sobre a liberdade e os dereitos que teñen as mulleres e todos os que quedan por acadar.

·       Esta programación está deseñada para promover e promocionar a igualdade e poñer en valor ás mulleres e os seus dereitos e tamén as súas reivindicacións.

·       A primeira actividade da programación terá lugar o xoves 5 de marzo ás 19,00 horas nas instalacións municipais do Parque da Solaina. Baixo o título de “A imaxe da mulleres nas redes sociais”, esta actividade  está organizada como Concello Aliado Dixital coa colaboración de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.

·       O venres 6 de marzo ás 20,00h no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e dirixida ao público adulto poñerase en escena o espectáculo “Lavandeiras” de Vero Rilo e Sonsoles Penadique,  na que se unen  o conto e a música para achegarnos ao traballo das mulleres lavandeiras. Esta actividade está financiada polo Pacto de estado contra a violencia de xénero.

·       O xoves 12 de marzo ás 19,00h nas Instalacións Municipais do Parque da Solaina celebrarase unha charla sobre endometriose a cargo da entidade “Querendo”, coa finalidade de viibilizar unha doenza que afecta a milleiros de mulleres e da que tan pouco se fala.

  • O venres 13 de marzo ás 20,00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” contaremos co espectáculo familiar “O país dos mandóns” baseado no conto ao que da título a obra, a cargo do Teatro Gazafelhos.

 

  • O venres 20 de marzo ás 20,00h no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María”, para o público adulto gozaremos da orixinal Isabel Risco dando vida a superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato! “Nabiza Girl”. Esta actividade está financiada polo Pacto de estado contra a violencia de xénero.

 

  • Os xoves 26 de marzo e o 2 de abril terá lugar un Obradoiro de defensa persoal para mulleres nas Instalacións do Polideportivo do Concello de Barbadás a cargo do Sensei Nicolas González. Para esta actividade é preciso a inscrición previa no Rexistro do Concello, xa que o aforo é limitado.

 

  • Para finalizar, o venres 27 de marzo ás 20,00h. no Auditorio da Casa da Cultura “Manuel María” e para o público xuvenil e adulto proxectarase o laureado filme “Tódalas mulleres que coñezo”, da Directora galega, Xiana do Teixeiro, coa que teremos o pracer de contar despois da proxección para un pequeno coloquio. Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

  • Para todas as actividades que se levan a cabo no Auditorio da Casa daCultura “Manuel María” é preciso a recollida previa de invitacións.

 

Igualdade, Novas

CONTENT.1726132541

SINGLE.1726132541