02/12/2022
Mesa interinsitucional contra a violencia de xénero
O encontro mantívose no salón de plenos do Concello de Barbadás
REUNIÓN DA MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS
- O salón de plenos do Concello de Barbadás acolleu a reunión da Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero do Concello de Barbadás, que se celebra semestralmente.
- Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe e tratamento de casos de violencia de xénero.
- Esta mesa de traballo foi presidida por Xose Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, a concelleira de igualdade, Elisabet González Nistal, a secretaria xeral de igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.
- Á mesa interinstitucional, da que tamén forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traballadoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo, representantes do Centro de saúde de Barbadás, persoal dos servizos sociais municipais e das forxas e corpos de seguridade, concretamente o equipo de violencia de xénero da primeira compañía da Garda Civil.
- Tamén está presente na mesa interinstitucional a Policía Local de Barbadás, que colabora coas forzas de seguridade do estado na atención ás vítimas de violencia de xénero a través do Programa Viogen.
- Ademais forman parte da mesa interinstitucional as/os traballadores do CIM de Barbadás, directora, asesor xurídico e psicóloga.
- Esta mesa ten por obxectivo a coordinación da atención ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal de Barbadás entre todas as institución implicadas na abordaxe desta problemática, segundo indica a concelleira de igualdade, González Nistal. O alcalde salientou a importancia destas reunións de cara a avanzar nos procesos de atención ás vítimas de violencia e de coordinación entre profesionais.
- Os datos do Centro de Información á Muller de Barbadás evidencian que nos últimos seis meses atendéronse a 85 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, en tanto que a franxa de idade maioritaria das usuarias oscila entre os 25 e 54 anos.