27/04/2021
Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero no concello de Barbadás

MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE BARBADÁS
- Hoxe tivo lugar no salón de plenos do Concello de Barbadás a constitución da mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero do concello de Barbadás.
- Asistiron a esta, o alcalde de Barbadás Xosé Carlos Valcárcel, concelleira de igualdade, Elisabet González, xefa da unidade de prevención de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias.
- Tamén estiveron representantes dos corpos e forzas de seguridades do estado (EMUME, Garda Civil e Policía Local), representantes dos centros educativos, de servizos sociais do concello de Barbadás e de Taboadela, do centro de saúde e do Centro de Información da Muller.
- A finalidade da mesa é a coordinación entre todas as institución con competencia en materia de violencia de xénero, co obxectivo de que esta ferramenta sirva para mellorar a calidade da atención as mulleres que se atopan nesta situación.
- Nesta convocatoria abordáronse diferentes temas como o análise da incidencia da violencia de xénero no concello de Barbadás a través dos datos proporcionados pola Subdelegación do Goberno e puxéronse sobre a mesa distintas propostas de actuación cara a prevención e tratamento da violencia de xénero no concello, así como a coordinación das diferentes institucións e servizos alí representados.
- A esta mesa local de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero daráselle continuidade con futuros encontros de carácter semestral nos que se avaliará a consecución dos obxectivos da mesa e futuras propostas de actuación.
- Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, asegurou que “esta mesa ten que servir de canle e ferramenta para analizar a situación da violencia de xénero no noso entorno máis próximo, pero tamén para coordinar as actuacións entre todas as administracións que traballamos en mellorar a calidade da atención ás mulleres vítimas das agresións machistas”.
- Valcárcel sinalou “estamos asumindo unha competencia que afecta a moitas administracións e profesionais: psicólogos/as, policía local, garda civil, abogado/a e traballadores/as sociais”.
-
LISTADO DE PERSOAS ASISTENTES Á MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO
1.- Xosé Carlos Valcarcel Doval, Alcalde do Concello de Barbadás
2.- María Alida Iglesias Gil, Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense
- María Elisabet González Nistal, Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Participación Veciñal do Concello de Barbadás
4.- En representación da EMUME, Laura Cruz Cruz e Alejandro Fernández García.
5.- En representación da Garda Civil, Subtenente José Manuel Moral; sarxento Iván Docampo González; garda civil, Adolfo Cid Jorge.
6.- Fernando Freire, Xefe Policía Local de Barbadás
7.- María Isabel Delgado Vila, Traballadora Social do Concello de Taboadela
8.- María Isabel Rodríguez Cañas, Traballadora Social da UTES 01 do Concello de Barbadás
9.- Eva Benita Dorado Andrade, Técnica do Programa de Educación Familiar do concello de Barbadás.
10.- María Helena Gallo Álvarez, Directora do CEIP O Ruxidoiro
11.- María Rúa Blanco, Orientadora do IES Ferro Couselo
12.- María Villanueva Rey, Matrona do Centro de Saúde da Valenzá e responsable do Programa da Muller
13.- María González Armada, Directora do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás
14.- Beatriz Pérez Fernández, , psicóloga do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás.
15.- José Manuel Fernández Soto, Asesor Xurídico do centro de Información á Muller do Concello de Barbadás