20/11/2021

Mesa redonda “Procesos de atención ás vítimas da violencia de xénero”

Mais información, no CIM - 988222251

MESA REDONDA EN TORNO AOS PROCESOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Susana López Abellá, Secretaria xeral de Igualdade da Xunta e María Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno serán as poñentes da mesa redonda

Interveñen:

  • Susana López Abellá, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, quen falará acerca dos recursos institucionais que ofrece a Xunta de Galicia, en concreto a Secretaría Xeral de Igualdade, para a prevención, a abordaxe e o tratamento da violencia de xénero e en concreto das axudas e prestacións coas que contan as mulleres vítimas da violencia machista en Galicia.

  • Mª Alida Iglesias Gil, Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do goberno en Ourense, quen falará da atención das forzas e corpos de seguridade ás vítimas da violencia de xénero.

  • Lugar: CIM Barbadás (ubicación: antigo centro médico de Barbadás).

  • Hora: 12:00h.

  • Acceso libre para todas as persoas interesadas.

CIM-Centro de Información á Muller, Eventos, Igualdade

CONTENT.1713951009

SINGLE.1713951009