26/11/2021
Modificación do plan de hostalaría segura
NOTA INFORMATIVA SOBRE A MODIFICACIÓN DO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA:
(VIXENTE DENDE ÁS 00.00 HORAS DO 27 DE NOVEMBRO DE 2021)
Por Orde da Consellería de Sanidade de data 25 de novembro de 2021, procédese a
modificación do Plan de Hostalaría Segura vixente, nos seguintes puntos:
– Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.
Nos cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé, limitanse os grupos de
persoas de pé poderán ser de ata oito persoas no interior e quince na terraza.
– Hostalaría e restauración.
Limitase a ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na
terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
– Establecementos de xogo.
Limitase a ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na
terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
– Establecementos de lecer nocturno.
Limitase a ocupación máxima será de oito persoas no interior e quince persoas na
terraza, por mesa ou agrupación de mesas.
Ademáis establecese a seguinte medida adicional referente á exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso ao interior dos establecementos de hostalaría e restauración:
1. O acceso ao interior dos locais por parte das persoas maiores de 12 anos requirirá
da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou no caso do
ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de
calquera das seguintes circunstancias:
1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19.
2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no
caso das PCR, e 48 horas, no caso dos tests de antíxenos . No caso dos tests rápidos de
antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de
antíxenos da COVID-19.Que o titular .
3º. se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses.
Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19
hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non será válido outro tipo de test.
2. A documentación será esixida para:
O acceso ao interior dos establecementos que teñan título habilitante de
restaurante e salóns de banquetes. Porén, só será necesaria a exhibición dos
certificados nos establecementos indicados para as actividades que se limiten
ao servizo de cafetería e bar a partir das 21.00 horas.
Para o acceso ao interior dos establecementos que conten con título habilitante
de cafeterías, bares e furanchos, a partir das 21.00 horas.
Non será necesaria a exhibición de documentación para a prestación do servizo en
terrazas situadas no exterior.
3. A exhibición da documentación só poderá ser solicitada polas persoas titulares dos
establecementos ou polo seu persoal no momento do acceso ao interior e para os
efectos da súa mera comprobación ou verificación.
A comprobación da validez dos certificados presentados, tanto en formato papel como
en formato dixital, só poderá ser efectuada polos establecementos a través da lectura
do código QR que figura en cada un dos certificados. Non se conservarán en ningún
caso datos de carácter persoal nin se crearán ficheiros con eles.
4. As persoas titulares dos establecementos ou o persoal que realice o control de acceso
están obrigados a manter o segredo e a confidencialidade sobre os datos persoais a que
accedan.
5. Os/as clientes serán informados, tanto verbalmente como a través de cartelaría visible
localizada na entrada do establecemento, de acordo cos modelos que determine a
Consellería de Sanidade, das medidas aplicables e do seu contido, sobre o seu carácter
necesario para o acceso, así como da non conservación dos datos persoais, a súa non
integración en calquera tipo de ficheiros e a inexistencia de calquera tratamento
ulterior, co fin de facilitar o coñecemento da dita información por parte do cliente.
En Barbadás, a 26 de novembro de 2021.