29/05/2021
Mónica Seara humaniza empresas como Lidl dende Sobrado do Bispo
Emprendemento en Barbadás

- A empresa de Mónica chámase “Humanas, Salud Organizacional S.L.” , con sede en Sobrado do Bispo, e os seu traballo fai que cada mes viaxe a Barcelona, Madrid, Vigo… e de volta a Barbadás.
- Desenvolve programas formativos e de avaliación en empresas variadas e dispersas pola xeografía. “A primeira chamada dunha empresa soe ser para que lle fagamos unha avaliación de riscos psicosociais e de clima laboral, e así comezou a nosa relación ca alemá Lidl en 2014”, lembra.
- Daquela, o traballo desenvolto valeulle a Lidl o premio de “Empresa Saludable” do Instituto Nacional de Saúde en 2017 e a Mónica o comezo de recoñecementos, a inclusión no “Top100” de mulleres líderes en España “e posicionamento en Google con termos como conflito psicosocial e empresas saudables”.
- Hoxe colabora con empresas como Acciona, ACS, CLECE o SILO, as galegas Tesol Group ou empresas deportivas como o Celta de Vigo e o Fútbol Club Barcelona, nos que desenvolve programas formativos para a motivación no traballo en equipo. Tamén colabora ca Cofederación de Empresarios de Ourense (CEO) en actividades formativas.
- Neste momento, unha das súas satisfaccións está no interese amosado polo seu traballo en Latinoamérica e, sobre todo, México. “Teñen un concepto de saúde moito máis valorado que o noso e aló os asalariados pensan en dirixir parte do seu traballo a conquerir un seguro sanitario, mentres nós non valoramos suficientemente ter unha sanidade pública”.
Do absentismo á saúde laboral
- En Latinoamérica e Estados Unidos as empresas coidan a saúde mental e as axencias aseguradoras teñen que xestionar o absentismo, polos altos custes que supón.
- “En España, en 2013, antes das últimas crises, o absentismo estaba en cifras do 3,5 por cento e neste momento a media é dun 8,6 inaceptable dende calquera punto de vista, e algunha afronta un 20% de absentismo”, relata. Isto supón un “elevadísimo custe para empresas e Seguridade Social, pero segue a ser un tema tabú que ten que ver ca saúde mental e física e co funcionamento inhumano das empresas que se adican a despedir e despedir nas crises”.
- A fundadora de “Humanas” ten claro que o “engranaxe” laboral é o que da movemento á economía “por iso hai que coídalo, pois sufre moito co desgaste e o seu lubricante é a esquecida comunicación”. Propón que as empresas gañen diñeiro “dun xeito diferente, non a costa da saúde dos traballadores, senón grazas a saúde deles”.
Experiencia en grandes empresas
- O seu empeño actual na empresa “Humanas” resposta a súa propia vivencia como enxeñeira e responsable Prevención de Riscos Laborais en obras civís como o AVE, para Gobernos como o de Navarra ou Cataluña. Durante 13 anos aprendeu que nos equipos de traballo “é moi importante exercer un liderado diferente ó convencional, pois as emocións inflúe en como falamos e facemos as cousas e a relación entre emocións e saúde é indiscutible”, asegura.
- Foi unha aprendizaxe a costa da súa propia saúde que resume como “un longo traballo persoal para localizar os leóns e deixar de correr”, e que comprendeu despois de formarse nese novo eido e de aplicar “o método científico de proba/erro” no seu propio traballo. Volveu a Sobrado onde vive o seu pai, e comezou cun informático de Ponteareas (hoxe socio) e unha emprendedora ourensá con ideas semellantes. O equipo foi medrando.
- Da súa formación e experiencia xurdiu a empresa en 2013 e o libro “Creando empresas humanas: La empresa 3.0” en 2018 e dos contactos en México saíu unha colaboración exclusiva ca empresa “Yana” para implantar en España a súa aplicación informática de acompañamento emocional.

Produción executiva na película “Luarada”
- Entres os proxectos en marcha, tamén está o da película “Luarada”, dirixida por Óscar Doviso, gravada en 2020 arredor da historia documentada do “lobisome” Manuel Blanco “Romasanta” autor confeso de, polo menos, 13 crimes en varias localizacións da provincia dende de 1845.
- Hai dous ano propuxeron a Mónica participar no equipo de produción executiva e no de comunicación, e antes da pandemia, o equipo rematara a primeira parte da película . Ademais contan cun acordo con FIlmax para a distribución internacional cando quede rematada.
- “A pandemia parou o proxecto pois os custes de seguridade sanitaria fronte o virus foron inasumibles, e agora estamos pendentes de conquerir financiamento para retomalo ca ilusión xa reactivada en todo o equipo”, asegura.
- No equipo actoral está Héctor Martínez, veciño tamén de Sobrado do Bispo. Interpreta o papel do irmán dunha das vítimas
