04/03/2019
Monstruación
Unha comedia monstruosa! Monstruosamente divertida

Trata sobre tres bonecas Bárbara, Nansy e Barri que están inquedas porque á súa dona, “América” (Tamén alter-ego da “monstruación”), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estes personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente:
Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está operadísima e casada con Ken.
Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.
E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele operadora no teléfono da esperanza, está casada cun dos seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de non facer nunca porcalladas na cama.
Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza argumentando que o que están a facer non é apropiado e que de feminista ten máis ben pouco. Despois de varias discusións entre elas, deciden retomar a obra cun rito de agradecemento á menstruación, que vira arredor dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampóns para renderlle homenaxe por existir. Ao fin e ao cabo tod@s estamos neste mundo grazas a ela!
TIPO: Teatro Breve.
XÉNERO: Comedia.
SUBTIPO: Comedia Feminista.
Recomendada para maiores de 16 anos en adiante.
Data: Sábado, 9 de marzo ás 20 h
Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María
Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura)