20/07/2020

MUU no Programa de Verán de Barbadás

O Xoves 23 de Xullo, ás 21h., unha nova actuación con MUU e o seu espectáculo “Crunch” continuando co Programa de Verán do Concello, será no Parque dos Patos (A Valenzá)

Onde están cando se lles necesita? É unha pregunta que adoitamos facernos sobre as nosas amizades, a clase política, a familia… algunha vez eles fallan, pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, aconciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No
fondo todas as persoas somos superheroes.
Crunch! é un espectáculo de novo circo, de vellos amigos, de clown, de malabares diarios para chegar a fin de mes, de saltos mortais, de golpes e caídas coas que aprendemos e saímos adiante, e sobre todo de risas, que é o máis necesario. Ti non os ves, pero eles estante mirando.

XÉNERO: circo e clown / 50’ / FAMILIAR.

Organiza: Concellaría de Cultura.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714028540

SINGLE.1714028540