13/12/2022

Nadal en Barbadás

A nena que quería navegar

Sala Manuel María
O Venres 16 de Decembro, ás 19h. espectáculo infantil na Sala Manuel María, a cargo do Grupo REDRUM TEATRO co espectáculo “A Nena que quería navegar”
Sinopse:
A Nena farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.
A Nena que Quería Navegar é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.
Xénero: Comedia musical.
Público: Familiar, a partir dos 4 anos.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
PROGRAMA NADAL EN BARBADÁS
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1711701279

SINGLE.1711701279