26/12/2022

Nadal en Barbadás

Cartel de Concerto Singular

Sala Manuel María
Avanza a programación de Nadal do Concello cunha nova actuación, será o Grupo PÍSCORE co espectáculo “Concerto Singular”, será o Martes 27 de Decembro ás 19h.
Sinopse:
Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.
Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
Xénero: Musicomedia xestual.
Duración: 55 minutos.
Público: Público Familiar.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1674922342

SINGLE.1674922342