27/12/2022

Nadal en Barbadás

Cartel de Ás para Alex

Sala Manuel María
O mércores 28 de decembro, ás 19h. actuación de BAOBAB TEATRO co espectáculo “Ás para Alex”, dentro do Programa de Nadal de Barbadás.
Sinopse:
Álex é un neno que coma calquera neno de 8 anos encántalle correr, xogar, quedar con amigos/as, ir ao parque…, a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, – porque a min?, porque non podo xogar? Porque, porque, porque?… está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso, con moito coidado e cariño entra de cheo na súa vida para axudarlle a mudar a mirada.
Espectáculo de teatro e monicreques recomendado para nen@s a partir dos 5 anos.
Duración 50 minutos.
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura Barbadás

Cultura, Eventos

CONTENT.1713600308

SINGLE.1713600308