06/12/2022

Actuación do grupo Teatro ó Cubo – Nadal en Barbadás

Cartel Teatro ó Cubo "Nube, Nube, Sol"

O venres 9 de Decembro ás 12h. actuación do grupo Teatro ó Cubo que nos presenta o espectáculo “Nube, Nube, Sol” para tod@s @s alumn@s de Primaria dos Colexios do municipio.
Sinopse:
As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.
TEATRO E MONICREQUES / 1ª INFANCIA
Organiza: Concellaría de Cultura
Sala Manuel María

Cultura, Eventos

CONTENT.1674922924

SINGLE.1674922924