25/10/2025
NARRACIÓN EN INGLÉS CON TEMÁTICA DO SAMAÍN
Martes, 28 de outubro ás 17h. e ás 18h. (dúas sesións)

Continuamos coas narracións en inglés para @s nen@s, e o próximo martes 28 de Outubro, contaremos con dúas sesións, unha ás 17h. e unha segunda sesión ás 18h., para nen@s de 4 a 6 anos.
O conto chámase “The Colour Monster”.
No conto, un monstro séntese confundido porque ten moitas emocións mesturadas, unha nena acompáñao para entender o que lle pasa, e xuntos descobren cómo recoñecer e ordear o que sente.
Traballaremos a intelixencia emocional a través dun código de cores.
Amais, faremos unha manualidade sobre o tema do libro e practicaremos o vocabulario das emocións e das cores. Tamén hai varios xogos para practicar o aprendido.
Evento: Narración
Día: Martes 28 de Outubro
Hora: ás 17h. e ás 18h. (dúas sesións)
Idades: de 4 a 6 anos.
Para inscribirse nalgunha das sesións é necesario mandar un correo electrónico a:
📧 biblioteca@barbadas.es
especificando a hora na que se quere inscribir, ás 17h. ou ás 18h., os nomes d@s nen@s, idade e un número de teléfono (por se hai algunha incidencia).
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás