27/07/2026
Espectáculo: ÑIQUI ÑAQUE.
Xoves, 30 de xullo, ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá - Barbadás)

Prosigue o Programa “En Barbadás o Verán é Cultura”, así este xoves 30 de Xullo, ás 21h. teremos unha producción do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente, que nos presentan “ÑIQUI ÑAQUE”, será coma sempre no Parque dos Patos | A Valenzá.
Sinopse:
Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vinte aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado.
Ñiquiñaque é unha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó.
Unha proposta charangueira e bravú, este espectáculo entrelaza de forma fluida técnicas de clown, máscara, acrobacia e mesmo títeres de cachiporra.
Día: Xoves 30 de Xullo
Hora: Ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos
Evento: Teatro.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Colabora: Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente.
