30/01/2022

No espazo “Gaia Contigo”, Gloria ofrece reiki e ioga antiansiedade e en breve terá productos ecolóxicos galegos

Emprendemento en Barbadás

GLORIA MARTÍN PASTOR, DE HERBOLARIO GAIA CONTIGO NA VALENZÁ. 29/01/22.
  • Gloria  Martín Pastor chegou a Barbadás hai 10 anos, dende Ávila, despois de buscar “un lugar con árboles” que soñou, e agora, coa súa familia xurdida na Valenzá, está a punto de celebrar o segundo aniversario do seu herbolario e sala de actividades “Gaia Contigo”, en continua evolución.

 

  • “Después de trabajar varios años en empresas de este sector, decidí trabajar sin jefes y conseguí abrir mi propio local aquí, en A Valenzá, el 12 de febrero de 2020, y cuando comenzó el confinamiento un mes después, descubrí que todo lo anterior me había entrenado para esto”, lembra do comezo.

 

  • Recentemente instalada na rúa Areal, mantivo o local aberto por ser de alimentación  . “Vecinos y vecinas se volcaron enseguida, y a pesar del poco tiempo que llevaba yo aquí, se pasaban a comprar siempre algo, sobre todo los alimentos específicos para diferentes intolerancias”, narra.

 

  • Nesa época, sentiu que o “seu universo” estaba na Valenzá e a pesares das dificultades dende o comezo, decidiuse a seguir co seu soño dun “espacio para que las personas puedan ayudarse y venir a desconectar, sanar, sentirse bien y recargarse para las dificultades del día a día”, concreta.

 

  • Para manterse durante os primeiros meses da pandemia, vendeu o coche que acababa de mercar e foi engadindo na tenda aquilo que máis lle pedían como infusións a granel para o estrés e para durmir, e aceites biolóxicos, entre outros produtos. Tamén buscou mercancías para ir sorprendendo cada semana ás veciñas e veciños e foi pondo nos seus andeis “Kombuchas”, alimentos para persoas veganas,  de cosmética natural…

 

  • Poco a poco voy añadiendo proveedores con mucha experiencia y que conozco hace tiempo, y tengo productos gallegos pero comienzo a buscar más para completar la oferta ecológica”, detalla como proxectos de futuro, nos que tamén está comezar a venda en liña.
GLORIA MARTÍN PASTOR, DE HERBOLARIO GAIA CONTIGO NA VALENZÁ. 29/01/22.
GLORIA MARTÍN PASTOR, DE HERBOLARIO GAIA CONTIGO NA VALENZÁ. 29/01/22. FOTO ROSA VEIGA

Máis actividades ademais de ioga

  • En canto as condicións sanitarias o permitiron, na sala que complementa o espazo do herbolario, Gloria organizou clases de ioga para grupos pequenos impartidas por Natalia, de Lobios,  e nas vindeiras semanas irá recuperando outros talleres e sesións terapéuticas.

 

  • Antes de abrir o seu local, Gloria traballou con persoas maiores en colaboración coa Cruz Vermella, con sesión de dibuxo con mandalas, e a súa preparación como mestra de Reiki e de monitora de Tai-Chi.

 

  • As técnicas orientais sérvenlle para “ayudar con los niveles de estrés y ansiedad y tener más bienestar”. A sala de actividades está “presidida” por un gran tapiz dun elefante, regalo dun rapaz que fixo Reiki con ela e que, segunso Gloria, representa a prosperidade, forza, independencia, memoria e nobreza. “También simboliza la importancia de lo comunitario por su forma de vida en manada, que representa lo que yo quiero tener aquí”, relata.

 

  • A sala de “Gaia Contigo” tamén comezará a acoller charlas sobre nutrición, a cargo de profesionais, e o local participa coa asociación “Centro Comercial Aberto da Valenzá” promotora da campaña do comercio local “NAMÓRATE”  entre os días 1 e 14 de febreiro  colaborada pola Concellería de Comercio do Concello de Barbadás.

 

  • Gloria lembra que chegou a Galicia porque soñou con “un lugar con árboles” que atopou nada máis chegar, en Celanova, e dende alí a Barbadás onde quere desenvolver o seu  proxecto inicial de venda, formación e información para compartir con outras persoas e ter “un mundo mellor” ao redor.

 

  • Moita sorte Gloria!

 

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1726119401

SINGLE.1726119401