26/05/2024

NOITE MOUCHA, celebrando co comercio local de Barbadás

Actividades de lecer entre as 18:00 h e as 23:00 h. Sorteo ás 22:00 h

O VENRES, 31 DE MAIO,  ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PERMANECERÁN ABERTOS ATA AS 23:00H  NA CELEBRACIÓN DA  “NOITE MOUCHA”

Un total de 16 establecementos permanecerán abertos ata as 23:00 h , con motivo da NOITE MOUCHA,  ofrecendo ao público, promocións especiais, animación e  sorpresas.

 

A rúa, principalmente a Avda. de Celanova de A Valenzá,  será  escenario de diversas actividades de lecer entre as 18:00 h e as 23:00 h:

  • XINCANA

  • INCHABLES

  •  BAILE NA RÚA

  •  MEDITACIÓN

  • GLOBOFLEXIA

  •  PINTACARAS

  • ARTE PLÁSTICO 

  • REALIDADE VIRTUAL

  • MESAS DOCES E SALGADAS

 

ESTABLECEMENTOS

Os establecementos que participan na Noite Moucha 2024 desexan compartir co seu público, distintas actividades, promocións, experiencias…

NOITE MOUCHA 2024

ESTABLECEMENTOS ACTIVIDADES
1 FISIOREMOVE

-Experiencia gratuíta de exercicio fisioterapéutico de realidade virtual para  persoas adultas e nen@s maiores de 8 anos

-Mesa doce  e bebidas

2 TWINS -Descontos ata o 70 %
3 TWINS-MEN -Descontos ata o 70 %
4 ELMA -Descontos ata o 70 %
5 LA CIGÜEÑA

-Descontos especiais

-Zona outlet

-Mesa doce

6 CALZADOS ZOCOS

-Descontos especiais

-Pinchos a partir das 20:00h

7 HERBOLARIO GAIA CONTIGO

-5% de desconto en todos os produtos

-Sesión de meditación guiada de 20:30 a 21:00h

8 BEL MODA E COMPLEMENTOS

-Descontos do 20% en toda a tenda

-Descontos especiais de ata o 40%

9 OHANA BABY

– Decoración/temática

– Mesa doce e bebidas

– Descontos na rúa

– Acceso a premios directos coas compras

10 OHANA DECO

– Decoración/temática

– Mesa doce e bebidas

– Descontos na rúa

– Aceso a premios directos coas compras

11 LIBRERÍA A VALENZÁ

-10% de desconto en toda a tenda excepto libros

-Selección de mochilas en Outlet (desde 25 €)

12 DONICELA

-Desconto durante todo o día do 30%

-Mesa doce

13 LIBRERÍA CARLIN

-Descontos ata o 50% en artigos seleccionados

-Mesa doce e salgada

14 MÁS QUE UN SUEÑO

-20% desconto en toda a tenda

-Sorteo de  almorzo a domicilio para dúas persoas

-Mesa doce

15 MVT GALICIA

-4 estacións de baile polas rúas de A Valenzá, onde cada un dos  grupos de nenos/as bailarán as distintas coreografías, rotando polas distintas estacións e animando á veciñanza

– 90 usuarios circularán e encherán as rúas de música e baile

-Comezará ás 20:00 cunha duración aproximada de 1 h.

16 ARTELANDIA OCIO CREATIVO -Creatividade na rúa

-Photocall e venda de fotos Polaroid feitas no momento

-Venda de material en stock con un 50% de desconto

 

GRAN SORTEO DE AGASALLOS

Ás 22:00 h teremos un sorteo presencial, onde podes acadar fantásticos premios.

Para participar, só terás que ter  a cartilla que te facilitarán os comerciantes, completa   co selo de cada un dos os establecementos participantes na Noite Moucha 2024.

 

O evento, Noite Moucha, é unha iniciativa da Concellería de Comercio do Concello de Barbadás, para promoción do tecido comercial local.

Vémonos na celebración do comercio local, NOITE MOUCHA’2024 !!

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Eventos, Promoción económica

CONTENT.1719006117

SINGLE.1719006117