31/05/2018

Noite Moucha en Barbadás o 1 de xuño: compras ata a medianoite

30 ESTABLECEMENTOS DO COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS PERMANECERÁN ABERTOS ATA A MEDIANOITE NA “NOITE MOUCHA” O DÍA 1 DE XUÑO

O fascinante mundo do circo é a temática elixida polos/as comerciantes para dinamizar as compras e promover actividades lúdicas

A “circus noria”, inflables, obradoiros e animación circense infantil serán as propostas elixidas para os/as máis pequenos/as

  • A “Noite Moucha” de Barbadás terá como temática o circus maximus.

 

  • Un total de 30 establecementos permanecerán abertos ata a medianoite o día 1 de xuño.

 

  • En cada un dos establecementos participantes haberá animación e sorpresas.

 

  • O público infantil poderá disfrutar na circus noria, de inflables, obradoiros e animación circense infantil.

 

  • Os requisitos “para participar no fascinante mundo do circo son o desexo real de xogar, de deixarte sorprender, de compartir emocións e sentimentos, de descubrir e de experimentar”, explica Marga Pérez, concelleira de Comercio.

 

  • A Noite Moucha na edición de 2018 presenta un espectáculo sen igual cheo de maxia, ilusión e actividades para os/as máis cativos/as.

 

  • A Valenzá distribúese na Noite Moucha en 7 zonas.

 

  • A Zona La Cigüeña, Zocos Calviño, Valenmoble, Frutas Luci, Mimi Flores e Reale Seguros (avenida Celanova109-115) terá a disposición da clientela un phococall con temática circense e bombiñas de millo dende as 17,00 horas. A partir das 6 da tarde haberá espectáculo disco móbil. Ás 20,00 horas terá lugar a Piñata Circus Maximus. Para finalizar a noite das compras ata medianoite nesta zona está prevista unha queimada con exconxuro ás 00,00 horas.

 

  • Na zona “Universo de Awen (avenida de Celanova, 119) desenrolarase unha clase aberta de ioga Nidra ás 20,00 horas (aportación de 10 €).

 

  • A zona Peixe-peixe (Tomás Rodríguez Punxín, 1) será o escenario dunha cea-baile infantil entre as 20,30 ata as 23,30 horas.

 

  • Na zona “Móvete Galicia (rúa Areal, 8) haberá coreografías polas rúas a partir das 20,30 horas.

 

  • Na zona “Twins Men” (avenida de Celanova, 33) haberá unha festa de paiasos con música e globoflexia dente as 8 da tarde ata as 11 da noite.

 

  • A zona “Pequechiños” (avenida de Celanova, 50) os/as nenos/as poderán divertirse cos pintacaras entre as 21,00 e as 22,00 horas.

 

  • A sétima zona agrupa aos establecementos “O Gato con botas” e “Mercería e moda Esperanza” (avenida de Celanova 39-41) e contará con un gran espectáculo circense ás 21,00 horas.

 

  • Establecementos e ofertas dos 30 participantes da “Noite Moucha”:
  • Toffeglass (pastelería creativa): carriño decorado coa temática de circo. Doces e agasallos aos clientes.
  • Iduna (estética): mesa doce.
  • Bell (comercio, moda e complementos): degustación de licores caseiros e doces.
  • Oren Óptica: 30 % de descontó en gafas de sol e graduadas.
  • Fotos Cucas: tenda na rúa.
  • Noar Noivas (vestidos de ceremonia): escaparate na rúa.
  • Pequechiños (textil): pintacaras de 21,00 a 22,00 horas.
  • MVT Galicia (deporte e ocio): coreografías na rúa.
  • Kibu Coffe Shop (textil-hostelería): descontos especiais ata o 50 %. Mesa doce.
  • Carussa Baby (puericultura e moda infantil): mesa doce. Animación infantil. Agasallos.
  • Twins Men (roupa e complementos): festa de paiasos con música. Globoflexia. Copa de champán. Dende as 20,00 ata as 23,00 horas na porta do local.
  • Twins (roupa e complementos): mesa doce e agasallo sorpresa por cada compra.
  • Librería A Valenzá (librería, papelería e agasallos): mesa doce, agasallos e música.
  • La Cigüeña (roupa e artigos de puericultura): desconto do 20% en roupa. Zona outlet. Mesa doce e cava.
  • Froitas Luci: mesa con brochetas de froita. Oferta en cestas de froita.
  • Calzados Zocos (roupa de cabaleiro e zapatos de cabaleiro e señora): Descontos do 20 %. Zona outlet. Mesa salada.
  • Valenmoble: Pinchos no establecemento.
  • L’Evento Discomovil (audiovisual): instalación de disco móbil na rúa.
  • La Ibense (hostalería): carriño de xeados na rúa.
  • Carnicería Serra Martiñá.
  • Notas de perfume (comercio): música, mesa doce, grandes descontos.
  • Mimi Flores: agasallo dunha pranta por cada compra.
  • Petiscos galegos (alimentación).
  • El Universo de Awen (produtos ecolóxicos): noite de produtos galegos: cervexa, viño, doces, empanadiñas artesas ás 21,00 horas. Ás 20,00 horas haberá unha clase aberta de ioga.
  • O Gato con botas (zapatería, roupa e complementos): descontos ata o 40 %. Zona outlet dende 7,5 euros.
  • Liset (textil e complementos): Descontos varios. Zona de petiscos.
  • Mercería e moda Esperanza: descontos especiais dende o 10 ata o 20 %.
  • Reale Seguros: mesa con chuches, pinchos e globos.
  • Librería Espa: chuches para nenos/as.
  • Peixe-peixe: cea-baile infantil dende as 20,30 ata as 23,00 horas.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1744927290

SINGLE.1744927290