30/05/2019

Noite Moucha en Barbadás o 31 de maio

A TEMÁTICA PIRATA CREARÁ AMBIENTE DE COMPRAS ATA A MEDIANOITE EN BARBADÁS

Un total de 28 establecementos participan o venres 31 de maio no evento para promocionar o comercio local

Descontos, animación, sorpresas, obradoiros, inflables, música na rúa e actividade para a busca do tesouro son algúns dos ingredientes da cita co comercio local de Barbadás

 

  • A Concellería de Comercio do Concello de Barbadás organizou para mañá venres 31 de maio a 4ª edición da “Noite Moucha”.

 

  • A temática pirata será o transfondo desta cita co comercio local de Barbadás.

 

  • O pistoletazo de saída será ás 19,00 horas coa “quedada” na praza do antigo centro de saúde (avenida de Celanova, 71) para iniciar “a busca do tesouro”.

 

  • Esta actividade terá como ingredientes diversión, sorpresas e actividades para os/as máis cativos/as.

 

  • A presentación da “Noite Moucha” tivo hoxe coma protagonistas a Alejandra Rodríguez (Carussa Baby), Cristina Casas (Liset moda) e Susana Salgado (Mía Valle moda), ademais da concelleira de Comercio, Marga Pérez.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, descubre o botín a bordo que está a disposición do público que participe na “Noite Moucha”: “haberá descontos, agasallos e sorpresas polas compras que se realicen. Tamén haberá inflables, obradoiros, animación infantil, música na rúa e busca do tesouro para participar en familia”.

 

  • Listado de establecementos: Carussa Baby, Toffe Glass, La Cigüeña, Roupa e calzados Zocos, Valenmbole, Frutería Sonia, Mía Valle, Bel moda e complementos, Idunna estética, Kibu Coffe&Shop, Liset, Pillabáns A Valenzá, Librería Valenzá, bar Brétema, Queen&Co moda, O Gato con botas, Twins, Twins Men, Mimi flores, L`Evento disco móbil, Fotomaton By L`Evento, Shinyu, O Roupeiro de Uxía, MVT Galicia, Orenóptica, Esencia Zen, a Cova do Savio, Floristería Zeltia.

 

  • A “Noite Moucha” ofrecerá ao público actividades conxuntas en 3 escenarios:
  1. Zona O Gato con botas, Pillabáns A Valenzá e Toffe Glass (avenida de Celanova, 39/41. Ás 18,00 horas producirase o “Desembarco pirata”, unha actividade dirixida ao público familiar.
  2. Na zona de La Cigüeña, Zocos, Valenmoble, Mimi flores, Froiteiría Sonia e L´Event by Fotomatón (avenida de Celanova 109/115 tamén se ofertará animación. Entre as actividades das que poderá disfrutar o público están a piñata pirata, o fotomatón, música, licor e bica ou photocall pirata. Haberá ademais baile a partir das 23,30h.
  3. O terceiro escenario da “Noite Pirata” ubicarase na avenida de Celanova 18/22 e está formado por Esencia Zen, a Cova do savio e Floristería Zeltia. Só é necesario achegarse polos establecementos para participar no sorteo de unha cea para 2 persoas, dunha masaxe e de un ramo de flores.

 

  • A partir das 20,30 horas haberá animación polas rúas coa presenza da charanga “Escachapeitos”.

 

  • Os/as nenos/as terán 4 zonas de inflables: Correos, Gato con botas, Vivaldi, antigo Valenmoble.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca esta iniciativa para potenciar o comercio de proximidade, “un comercio vivo e dinámico que axuda a dar a coñecer a súa gran calidade e profesionalidade”.

 

  • Para “este goberno traballar a prol do comercio local é un dos seus eixes estratéticos que sirve tamén para humanizar e dar cor á nosa vila”, sinal Valcárcel.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio explica que son 28 establecementos os que participan na gran noite pirata porque a decoración estará ambientada nesta temática e as persoas que queiran vir disfrazadas contribuirán a crear ambiente.

 

  • Perez afirma que dende o Concello seguimos apostando polo comercio local porque este é o noso motor. Aparte das sorpresas e dos descontos que vai haber, teremos animación na rúa con coreografías e actividades para os/as máis cativos/as”.

 

  • Pérez explica que na actividade “A busca do tesouro” os/as participantes deberán buscar pistas en cada un dos 28 establecementos participantes para rematar como colofón con agasallos para todos/as.

 

  • Susana Salgado Valle, do establecemento de moda “Mía Valle”, comentaba hoxe na presentación que “o que pretendemos é que a xente veña a coñecernos, a zona, as tendas, nas que hai moitas opcións e moita diversidade”.

 

  • Esta iniciativa evidencia que este é un barrio moi dinámico e con moitos/as emprendedores/as, indica Susana Salgado, quen anticipou que haberá importantes descontos e agasallos, música e photocall.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1714009214

SINGLE.1714009214