02/01/2019

Nómades

Xarope Tulú

 

Nómades é un espectáculo de carácter visual dirixido a tódolos públicos: onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente, sendo en ocasións difícil de definir onde comeza e remata cada un dos elementos que conforman a proposta. As intérpretes transitan entre as porosidades dunha escenografía en constante movemento, abren espazos de conversa sobre o tránsito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos. Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Mércores, 2 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitacións na Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1695530312

SINGLE.1695530312