23/12/2020

Non hai dúas sen tres… as mellizas Twins e unha máis

Emprendemento en Barbadás

Rosi e Pepi na súa tenda Twins
  • Presentar a Rosa María e a María José Gómez López non fará que os seus nomes soen a case ninguén e elas mesmas preséntanse como Rosi y Pepi. Entón si, moitos e moitas saberán así que falamos das irmás que viven na Valenzá e alí abriron sendas tendas de roupa de muller e home.

 

  • A tenda de roupa de home ten como cabeceira unha foto- mural, atribuída a Charles C. Ebbet, dos obreiros que traballaron en 1932 na construción do Rockefeller Center en Nova Iorque. “Escollémola porque nos representa como irmás que traballamos xuntas e loitamos por seguir adiante”, explica Rosi.

 

  • Na súa familia, o traballo independente é habitual: son netas da “Aurora dos Aguinchos”, en Lobios, que perdeu no encoro de Lindoso o seu café/bar/estanco/pensión… Os seus pais establecéronse nas Escorregas (entre A Valenzá e o núcleo de Barbadás) e parte dos sete fillos quedaron cerca.

 

  • Elas, mellizas, sempre traballaron xuntas. Fixérono nun centro comercial durante anos e cando tiveron que pensar noutro futuro fora dese traballo, acordaron seguir xuntas para abrir “Twins, tenda de bisutería e complementos”, tal como reza o letreiro orixinal, pero na realidade, na primeira tenda que abriron en 2014 teñen roupa de muller que triunfa entre clientas de 15 a 90 anos, segundo di Pepi con moito orgullo.

 

  • Gústalles traballar con trato directo cos veciños e veciñas  e, ofertan un servizo baixo demanda, así que se alguén non atopa o que quere na tenda, elas o buscan. Tamén na tenda de roupa de home que abriron en 2016, e na que traballan con moitas marcas, entre elas a local Dimotex.

 

  • “Na pandemia fixémonos conscientes do agarimo das persoas que nos coñecen porque veñen, mercan e vólcanse con nós e cas traballadoras das tendas”, agradece Pepi. Notaron “baixón” e tiveron que reorganizarse diante dos cambios repentinos, peche de provedores de roupa e bolsa… pero van seguir. E o seu agradecemento está no escaparate con un gran “Gracias”.

 

  • E parece que o emprendemento si que é tendencia familiar, pois Elma, unha terceira irmá, abriu tenda de lencería a poucos metros das “Twins”.

Rosi e Pepi na súa tenda Twins

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1701427502

SINGLE.1701427502