11/05/2020

Normas para lugares de culto e para velorios e enterros: fase 1

NORMAS PARA VELORIOS E ENTERROS SEGUNDO O BOE DO 9 DE MAIO (FASE 1)

Indicacións para a fase 1 respecto de lugares de culto

INDICACIÓNS PARA VELORIOS E ENTERROS:

  • Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, cun límite máximo en cada momento de 15 persoas en espazos ao aire libre ou 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

  • A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 15 persoas, entre familiares e achegados, ademais de, no seu caso, o ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do/a defunto/a.

  • En todo caso, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, relativas ao mantemento dunha distancia mínima de seguridade de 2 metros, hixiene de mans e etiqueta respiratoria.

INSTRUCCIÓNS PARA LUGARES DE CULTO

  • Permitirase a asistencia a lugares de culto sempre que non se supere un terzo do seu aforo e que se cumpran as medidas xerais de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.

  • Se o aforo máximo non estivese claramente determinado poderanse utilizar os seguintes estándares para o seu cálculo:

a)Espazos con asentos individuais: unha persoa por asento, debendo respectarse, en todo caso, a distancia mínima de 1 metro metro.
b) Espazos con bancos: 1 persoa por cada metro lineal de banco.
c) Espazos sen asentos: 1 persoa por metro cadrado de superficie reservada para os asistentes. 

d) Para o devandito cómputo terase en conta o espazo reservado para os asistentes excluíndo corredores, vestíbulos, lugar da presidencia e colaterais, patios e, se os houbese, sanitarios. Determinado o terzo do aforo dispoñible, manterase a distancia de seguridade de, polo menos, un metro entre as persoas.

  • O aforo máximo deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

  • Sen prexuízo das recomendacións de cada confesión nas que se teñan en conta, as condicións do exercicio do culto propias de cada unha delas, con carácter xeral deberanse observar as seguintes recomendacións: uso de máscara con carácter xeral e antes de cada reunión ou celebración, deberanse realizar tarefas de desinfección dos espazos utilizados ou que se vaian a utilizar, e durante o desenvolvemento das actividades, reiterarase a desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia.

 

 

 

 

 

Novas

CONTENT.1713872784

SINGLE.1713872784