29/06/2021

Normativa respecto do uso de máscaras

USO OBRIGATORIO DAS MÁSCARAS.

  1. As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras nos seguintes supostos:
  2. a) En calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público.
    b) En calquera espazo ao aire libre no que pola aglomeración de persoas, non resulte posible manter unha distancia mínima de 1,5 metros entre as mesmas, salvo grupos de conviventes.
    c) Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús, ou por ferrocarril, incluíndo as plataformas e estacións de viaxeiros, ou en teleférico, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, se os ocupantes dos vehículos de turismo non conviven no mesmo domicilio. No caso dos pasaxeiros de buques e embarcacións, non será necesario o uso de máscaras cando se atopendentro do seu camarote, nin en espazos exteriores da nave cando se poida manter a distancia de seguridade de 1,5 metros. d)Nos eventos multitudinarios ao aire libre, cando os asistentes estean de pé ou se están sentados cando non se poida manter 1,5 metros de distancia entre persoas, salvo grupos de conviventes.
  3. A obriga contida no apartado anterior non será esixible nos seguintes supostos:  a)Ás persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
    b) No caso de que, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.
    c) Naqueles lugares ou espazos pechados de uso público que formen parte do lugar de residencia dos colectivos que alí se reúnan, como son as institucións para a atención de persoas maiores ou con diversidade funcional, as dependencias destinadas a residencia colectiva de traballadores esenciais ou outros colectivos que reúnan características similares, a condición de que devanditos colectivos e os traballadores que alí exerzan as súas funcións, teñan coberturas de vacinación contra o SARS- CoV-2 superiores ao 80 % con pauta completa, acreditado pola autoridade sanitaria competente. Esta última excepción non será de aplicación aos visitantes externos, nin aos traballadores dos centros residenciais de persoas maiores ou con diversidade funcional.

O uso de máscaras en centros penais nos que haxa mobilidade dos internos, tanto en exteriores como en espazos pechados, rexerase por normas específicas establecidas pola autoridade penal competente.

Modificación da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, queda modificada nos termos indicados anteriormente.

Novas

CONTENT.1711713289

SINGLE.1711713289