14/07/2020
Normativa sobre as piscinas en Barbadás e información de interese
NORMATIVA PISCINA MUNICIPAL CONCELLO DE BARBADÁS E INFORMACIÓN DE INTERESE
Apertura da piscina municipal día 15 mercores as 16:00 nunha única quenda ata as 20:30
Os días 15,16 e 17 a piscina abrirá solamente de tarde nun único turno de 16:00 a 20:30
Os vindeiros días e ata fin de temporada abrirá as 11:30 H nas seguintes quedas:
-11:30 a 13:00
-13:30 a 15:00
-16:00 a 20:30
Os periodos mortos entre quenda e quenda aproveitaranse para a desinfección do recinto.
Obriga de reserva mediante cita previa no seguinte link
Debe cear un perfil introducido os seguintes datos:
Nome, apelidos, dni e corre.
Unha vez validado o perfil deberá elexir unha quenda e o bono, abono ou ticket correspondente.
Posterior a eso deberá cubrir os datos solicitados e VALIDAR HABER LEIDO A NORMARTIVA.
Posterior ao anteriormente indicado deberá realizar o pago e será merado un código QR que deberá presentar no punto de control de acceso do recinto
Para acceder ao recinto deberán seguir todas as indicacions que aparecen na normativa (preme este enlace) e na cartelera da instalación
Os vestuarios permanecerán clausurados.
Todos os residuos xerados terán que ser depositados nunha bolsa e esta botarase ao lixo no momento da saída.
O uso de mascarilla será obligatorio en todas as zonas de transito do recinto e para acceder a este mesmo. Tamén será obrigatório o uso de calzado adecuado (chanclas) para desplazarse pola instalación.
Será obrigatorio desinfectarse as más con hidroxel no acceso ao recinto e no acceso (antes e depois) dos lavabos.
Unha vez dentro do recinto deberán permanecer na area habilitada (parcela) correspondente e separados polo menos 1,5 m dos demais usuarios (a non ser que sexan convivintes). Ao longo de todo o recinto está indicado o número de persoas que poden acceder a cada recinto delimitado.
Para calquera dcuestión, non dubide en consultar no numero 988263519 o escribiendo ao seguinte email polideportivo@barbadas.es
|
|
HORARIO DE APERTURA E TEMPORALIZACIÓN
O horario da instalación será o seguinte:
- Os días 15, 16 e 17 de Xullo a pisicina abrirá en horario de tarde con 1 únicaquenda en horario de 16:00 a 20:30
- A partir do día 18 de Xullo o horario será de Lunes a domingo de 11.300h -20:30 cos seguintes turnos:
– 11:30 a 13:00
– 13:30 a 15:00
– 16:00 a 20:30
(con flexibilidade según as necesidades do servicio e as condicións
climatolóxicas).
A PISCINA ABRIRÁ DENDE O 15 DE XULLO ATA O 15 DE SETEMBRO
GUÍA RESUMO DE ACCESO Á INSTALACIÓN
Será obrigatorio a cita previa a través de esta aplicación e prégase ir xa co pago do bono ou abono correspondete realizado (de non ser posible/capaz de realizar o pago mediante a aplicación o taquilleiro podrá axudar e dar as indicacións oportunas).
Accederase pola porta pequena sitada no Paseo dos Amieiros, gardando a distancia de seguridade mentres se agarda na fila de ascceso ao recinto.
Unha vez dentro deberán desinfectar as mans con hidroxel e agardar a pasar o control de acceso.
O uso de mascariñas será obrigatorio nas zonas de tránsito e ademáis sempre que non se poida garantir a distancia de 1,5 m.
Unha vez superado o control de acceso moverase polas zonas debidamente indicadas ata unha das parcelas sinaladas na instalación.
Se elixe unha parcela multipersoal debrá manter unha distancia de polo menos 1.5 m a non ser que quen se atope en dita parcela sexan convivintes.
Todos os residuos xerados deberán ser depositados nunha bolsa plástica e esta será depositada no lixo na saída do recinto.
Para acceder a auga deberase desplazar polas zonas de transito do recinto con chancletas. E ducharse antes de acceder a auga do vaso.
No caso de querer facer uso dos baños deberá desplazarse en chancletas polas zonas indicadas.
Non está permitido o acceso aos vestiarios, estes permanecerán pechados en
todo momento.
Unha vez os socorristas indiquen que se debe abandonar a instalación, deberá facerse na maior brevidade posible para así poder realizar as labores de desinfección recomendadas.
Saldrase pola porta próxima á zona dos socorristas e depositaranse as bolsas de residuos dentro dos contenedores.
NORMAS XERAIS
- O aforo máximo da instalación será de 200 persoas (aproximado ao 30% da capacidade máxima permitida). E o aforo recomendad para garantir as medidas e distancias de seguridade en todo o recinto.
*Os días 15, 16 e 17 de xullo o aforo estará limitado a 100 persoas
- É obrigatorio respectar en todo momento as indicacións do persoal socorrista. Débese observar puntualmente as instrucións do socorrista da piscina. Un comportamento antisocial supoñerá a expulsión do recinto do infractor.
- Todos os cidadáns teñen dereito a acceder á piscina e ao resto das instalacións en condicións de igualdade, coas limitacións e requisitos establecidos na normativa aplicable ás piscinas de uso público, sen prexuízo do dereito da entidade xestora para, con visto da dirección, restrinxir ou suspender o acceso á instalación cando as condicións de salubridade, hixiene ou superación da capacidade real da instalación fágao necesario para manter a calidade da prestación do servizo.
- É obrigatorio ducharse antes da inmersión na auga dos vasos.
- O uso das instalacións débese facer con roupa e calzado adecuado. Está prohibido acceder á zona de baño con calzado de rúa e é obrigatorio usar calzado de baño persoal en aseos, vestiarios ou duchas.
- Todo usuario estará obrigado a velar polo bó estado de conservación das instalacións e servizos, e por tanto, impedirá ou denunciará todos os actos que deterioren as instalacións ou servizos e advertirá aos empregados cando observe anomalías nas instalacións ou no material destas.
- Deberanse respectar os espazos reservados aos diferentes usos da instalación.
- Prohíbese fumar en todo o recinto, así como utilizar envases de cristal.
- Prohíbese acceder á instalación con animais ou obxectos que poidan causar
dano ou molestias aos usuarios, fóra de cans guía.
- Prohíbese a realización de xogos e prácticas perigosas (correr polo bordo
do vaso, apneas prolongadas, mergullarse violentamente, tirar obxectos, etc…) e
en xeral todos aqueles actos que dificulten, obstaculicen ou impidan o
desenvolvemento das actividades que leven a cabo.
- Prohíbese correr para tirarse á auga, empuxar, cuspir dentro da auga, e en xeral, todo o que poida molestar ao baño dos demais usuarios ou vaia en detrimento de a calidade da lámina de auga, así como arroxar obxectos do exterior á piscina e viceversa.
- Non se permitirá a introdución de cadeiras, hamacas, tumbonas, etc para colocalas na zona de praia salvo causa xustificada e coa autorización do persoal responsable da piscina.
- Se é necesario algún elemento para a aprendizaxe de natación, pódese solicitar ao socorrista. Devolverase, posteriormente, en bo estado de uso e colorearase nos compartimentos abilitados para ese efecto.
- Todo accidente que se produza na instalación será comunicado antes de abandonar esta.
- Non se permite o nudismo.
- Recoméndase o uso de lentes de baño e protección solar.
- Por motivos de seguridade, dadas as características do vaso da piscina, os menores de 12 anos deberán acceder á piscina acompañados por un responsable maior de idade, igual que os menores de 16 anos que non saiban nadar
NORMAS RECOMENDACIÓNS derivadas da crise COVID-19
En aplicación da normativa derivada da situación de pandemia pola COVID-19 e proporcionar un ambiente seguro e saudable minimizando o enorme potencial de transmisión do virus, faise necesaria a redacción deste suplemento.Para iso tivéronse en conta as normas e recomendacións do Ministerio de Sanidade, as autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do sector piscinas.
O aforo máximo permitido para piscinas ao aire libre de uso recreativo redúcese para garantir a seguridade dos bañistas, o que no actual contexto, sitúa en 200 persoas o aforo máximo das Piscinas Municipais de Barbadás
Respectar a distancia de seguridade de 1.5 metros entre persoas resulta fundamental para evitar posible contagios. Co fin de procurar a distancia de seguridade interpersoal entre usuarios, establécense itinerarios de ida e volta en todo o recinto mediante marcas no chan que son de obrigado cumprimento. I
Nas zonas de estancia (parcelas), os usuarios deberán respectar os perímetros de seguridade, onde ademais deberán permanecer todos os seus obxectos persoais, a fin de evitar o contacto co resto de usuarios.
Os usuarios están obrigados a seguir as recomendacións e normas de hixiene e prevención a observar expostas na cartelería así como a seguir as indicacións do persoal e a comunicar ao persoal e ás autoridades sanitarias a aparición de calquera síntoma compatible coa COVID-19, situación ante a cal deberá abandonar inmediatamente as instalacións.
É necesario habilitar sistema de acceso que eviten a acumulación de persoas e que cumpran as medidas de seguridade e protección sanitarias. Para iso, habilitouse un sistema informático, GALILEO, que permite tanto ao xestor do servizo como ao usuario ver o aforo en tempo real e, no seu caso, concertar cita previa para acceder ás instalacións realizando reservas nominais.
Devandito sistema servirá como ferramenta de rastrexo en caso de producirse algún contaxio.
Recoméndase aos grupos vulnerables que non asistan á instalación ou, se o fixesen, que sexa baixo a súa responsabilidade.
Todos os usuarios deberán acceder con calzado adecuado ( chanclas) que será de uso exclusivo nas instalacións e desinfectado á entrada.
Recoméndase que cada un traia unha bolsa onde depositar o calzado de rúa antes de acceder ás instalacións.
Os/as usuarios/as deberán dispor de unha bolsa de plástico para material desechable que deberán depositar convenientemente pechada nos cubos próximos á saida do recinto Poñeranse ao disposición dos usuarios dispensadores de hidroxel para unha correcta desinfección de mans, que deberá levar a cabo antes e despois de tocar calquera superficie.
Os vestiarios permanecerán clausurados.
Recoméndase o uso de lentes para o baño.
¿Qué debes saber sobre GALILEO?
Todo usuario maior de 12 anos, INDEPENDENTE DO TIPO DE SERVIZO A
CONSUMIR, ten a obrigación de crear un perfil:
- NOME
- APELIDOS
- DNI
- TELÉFONO
O taquilleiro poderá solicitar DNI en calquera momento para verificar datos
rexistrados.
A identidade dos EMPADROADOS será verificada por parte da dirección.
As entradas son nominais e intransferibles. Non é posible facer reservas de entradas en nome doutros. Salvo para menores de 12 anos.
A entrada obriga a cumprir coa reserva realizada. O sistema permite anular a reserva nun prazo de 60 minutos antes do comezo da FRANXA HORARIA RESERVADA. A dirección bloqueará a RESERVA ONLINE ao segundo aviso de incumprimento.