19/03/2021

Nota informativa do Concello de Barbadás sobre medidas covid vixentes dende o 19 de marzo de 2021

NOTA INFORMATIVA DO CONCELLO DE BARBADÁS

RESUME DE MEDIDAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA DE GALICIA  DE OBRIGADO CUMPRIMENTO, VIXENTES NO CONCELLO DE BARBADÁS DENDE ÁS 00:00 DO DÍA 19 DE MARZO (MADRUGADA DO DÍA 18 AO DÍA 19 DE MARZO):

 RESTRINXIDA A MOBILIDADE COS CONCELLOS DE MASIDE, PARADELA E VILARDEVÓS. (SALVO POR RAZÓNS LABORAIS, EDUCATIVAS, SANITARIAS OU ASISTENCIAIS).

LIMITADAS AS REUNIÓNS, EN ESPAZOS PÚBLICOS, A UN GRUPO MÁXIMO DE 4 PERSOAS EN ESPAZOS PECHADOS DE USO PÚBLICO E DE 6 PERSOAS EN ESPAZOS ABERTOS OU AO AIRE LIBRE DE USO PÚBLICO, SALVO QUE SE TRATE SÓ DE PERSOAS CONVIVENTES. AS REUNIÓNS DE PERSOAS NON CONVIVENTES QUEDAN PROHIBIDAS NOS DOMICILIOS PARTICULARES.

 ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN:

o HORARIO DE PECHE AO PÚBLICO ÁS 21:00H. PERMITIRASE SERVIZOS DE ENTREGA A DOMICILIO (ATA AS
0:00H) OU PARA A SÚA RECOLLIDA NO LOCAL E CONSUMO A DOMICILIO (ATA AS 21:30H).
o AFORO LIMITADO AO 75% EN TERRAZAS.
o AFORO LIMITADO AO 50% NO INTERIOR DO LOCAL. SEN SERVIZO DE BARRA.
o GRUPO MÁXIMO 6 PERSOAS EN TERRAZAS E 4 PERSOAS EN INTERIOR (NON CONVIVENTES) POR MESA
OU AGRUPACIÓNS DE MESAS, MANTENDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

 ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS: PECHE MÁXIMO ÁS 21:30 HORAS.
o AFORO LIMITADO AO 50%.

PERMITIDA A ACTIVIDADE DEPORTIVA INDIVIDUAL AO AIRE LIBRE OU EN GRUPOS SEN CONTACTO FÍSICO (MÁXIMO 6 PERSOAS) E USANDO MASCARILLA.

BIBLIOTECAS: AFORO MÁXIMO 50%.

ADEMÁIS DAS  XA ESTABLECIDAS:

LIMITACIÓN DE MOBILIDADE NOCTURNA ENTRE ÁS 22:00 HORAS E AS 6:00 HORAS.

 O USO OBRIGATORIO DE MASCARILLA EN TODO MOMENTO A PARTIR DOS 6 ANOS. DEBERÁ DARSE UN USO AXEITADO Á MÁSCARA, É DICIR, ESTA DEBERÁ CUBRIR DESDE PARTE DO TABIQUE NASAL ATA O QUEIXO, INCLUÍDO. SÓ PODERÁ PRESCINDIRSE DA MASCARILLA NO MOMENTO DA CONSUMICIÓN EN CAFETERÍAS, BARES E RESTAURANTES.

 O CONSUMO DE TABACO OU DE CIGARRILLOS ELECTRÓNICOS NA VÍAPÚBLICA OU EN ESPAZOS AO AIRE LIBRE, INCLUIDA A TERRAZA, SÓ SE PODERÁ EXCEPTUAR A OBRIGA DE USO DE MASCARILLA, E EXCLUSIVAMENTE DURANTE O INDICADO CONSUMO, SEMPRE QUE, TENDO EN CONTA A POSIBLE CONCORRENCIA DE PERSOAS E AS DIMENSIÓNS DO LUGAR, POIDA GARANTIRSE O MANTEMENTO, EN TODO MOMENTO, DA DISTANCIA DE DOUS METROS CON OUTRAS PERSOAS. DITAS MEDIDAS ADÓPTASEN ANTE A CRISE SANITARIA PARA FREAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, POLO BEN DE TODOS E TODAS.

SANCIONARASE A QUEN NON RESPECTE AS NORMAS.

Novas

25/07/2021

Barbadás mellora a iluminación pública en Santa Uxía e na Valenzá

Subministración e instalación de luminarias con tecnoloxía led

23/07/2021

Juan Carlos Arias saca á luz os alcumes de Sobrado do Bispo

Juan Carlos Arias Sobrado - Barbadás

Sociedade en Barbadás

23/07/2021

A Vila do Mañá en Barbadás: actividade lúdica e didáctica na rúa do Ensino

A actividade será entre os días 26 e o 30 de xullo

CONTENT.1627262405

SINGLE.1627262405