15/02/2019

Nova edición do concurso Lingua de Namorar

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.

As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar
en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres,
incluídos os espazos en branco.

Para participar no concurso,  terás que cubrir e enviar este formulario.

Bases completas do concurso.

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.

 

 

 

 

Mocidade, Novas

CONTENT.1750529646

SINGLE.1750529646